Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Ampliación da entrada
Liña 6:
 
== Orixe do nome ==
Con respecto ao personaxe cuxo nome leva o grupo, hai varias versións que intentan responder a esa pregunta. Algúns especulan incluso que [[Xosé Fernández Ferreiro]] era o seu inventor e que o heroe dunha das súas novelas, ''A saga dun afiador'' (1993), podería estar inspirado en Brais Pinto. Incluso que as historias sexan paralelas, o cal non é certo.<ref>{{Cita libro|título=De Xente Nova a Brais Pinto : memorias dun afiador rebelde|apelidos=Fernández Ferreiro|nome=Xosé|editorial=Xerais|ano=2012|ISBN=9788499143477|páxina=163|ref=}}</ref>
 
Segundo relatou [[Crespón Azul]] —o cronista do grupo— '''Brais Pinto''' foi un afiador de [[Cortecadela, Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín|Cortecadela]] -situada—situada na parroquia de [[Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín|Santa Cruz de Rubiacós]]- que marchou coa roda ós vinte anos para percorrer o mundo alá no 1900. Estivo en [[Portugal]] e América e percorreu varios países europeos, incluída [[Rusia]]. Mais finalmente atropelouno un autobús na praza de Cibeles de Madrid. Foi enterrado no cemiterio da Almudena, onde os membros de Brais Pinto lle ían facer homenaxes.
 
Dar un nome descoñecido ao grupo, segundo Fernández Ferreiro: '''«'''foi un acerto. Non soaba nada a cousa literaria, como case sempre ocorre nestes casos. Por iso a todos intrigou desde o primeiro momento. Non sabían quen era Brais Pinto e querían coñecer a identidade de semellante personaxe: un afiador, un home inquedo e soñador, solitario e libre, amigo dos camiños e de novos eidos, que levaba no peito un grande amor e un xardín de caraveis vermellos'''»'''.<ref>{{Cita libro|título=De Xente Nova a Brais Pinto: memorias dun afiador rebelde|apelidos=Fernández Ferreiro|nome=Xosé|editorial=Xerais|ano=2012|ISBN=9788499143477|páxina=163|ref=}}</ref>
 
== Descrición ==
Liña 19:
== Historia ==
[[Ficheiro:Ramón Otero Pedrayo, 1928, Ruínas de San Domingos.jpg|miniatura|Ramón Otero Pedrayo mantivo una estreita relación cos membros do grupo Brais Pinto]]
Brais Pinto tivo o seu punto de orixe en Madrid no ano 1958, constituído por un grupo de estudantes e traballadores galegos que vivían na capital<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Gonçales Blasco|nome=Luís|data=2000|título=Algo sobre Brais Pinto e as minhas relaçons com o fato|PMC=|revista=Agália|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=|número=63-64}}</ref>. O grupo concretouse no café madrileño Os Mariscos<ref>{{Cita libro|título=De Xente Nova a Brais Pinto : memorias dun afiador rebelde|apelidos=Fernández Ferreiro|nome=Xosé|editorial=Xerais|ano=2012|ISBN=9788499143477|páxina=80|ref=}}</ref>, unha orixe humilde que encaixaba cos seus propósitos. Os seus primeiros integrantes foron [[Bautista Álvarez]], [[César Arias]], [[Xosé Cribeiro]], [[Xosé Fernández Ferreiro]], [[Bernardino Graña]], [[Ramón Lorenzo|Ramón Lourenzo]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] e [[Reimundo Patiño]]; e a eles incorporouse [[Herminio Barreiro]] un ano máis tarde. Todos eles estaban dispostos a traballar pola causa galega, un interese que conformou un dos trazos característicos do grupo.
 
Unha das primeiras labores que emprendeu Brais Pinto como grupo foi a edición dunha colección de poesía en cinco números: ''[[Bocarribeira]]'' de [[Ramón Otero Pedrayo]] (1958), ''A'' ''Noite'' de [[Xosé Fernández Ferreiro]] (1959), ''[[O que se foi perdendo]]'' de [[Ramón Lorenzo|Ramón Lourenzo]] (1959) e ''[[Acoitelado na espera]]'' de [[Xosé Cribeiro|Xosé Alexandre Cribeiro]] (1960). Este último libro tiña o anuncio da seguinte edición de ''[[Bandeiras Neboentas]]'' de [[Reimundo Patiño]], mais non se publicou até 1992 na editorial Espiral, sete anos despois da súa morte. Pola súa parte, ''Bocarribeira'' contiña unha breve declaración dos motivos do grupo para publicaren a colección de poesía:<blockquote>BRAIS PINTO é unha coleución de poesía fundada por un fato de mozos galegos residentes en Madrid. É a única coleución escrusivamente poética que subsiste no ámbito cultural galego. Pretende incorporar aos seus números as voces mozas e as derradeiras actitudes da modernidade creadora, sen esquecer aos mestres de sempre nin ás figures (sic) representativas do intre actual en Europa, coidadosamente traducidas (sic) e anotadas.</blockquote> O propio Otero Pedrayo dirixiuse a Madrid para a presentación do libro e así iniciaron as boas relacións entre este autor e mais o grupo Brais Pinto.
Liña 39:
=== Reimundo Patiño ===
Reimundo Patiño Mancebo (1936 - 1985) foi un '''pintor''' coruñés<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=13|páxinas=290-291|ref=}}</ref>. A súa infancia en [[Monforte de Lemos]] foi marcada por unha enfermidade ósea que motivou o seu interese polo debuxo —cargado de imaxes fantásticas e dinamismo— no seu estado convalecente. Fundou en [[A Coruña|Coruña]] xunto con [[Xohán Casal]] a [[Liga Nórdica]] e a [[Unión de Artistas Ceibes]]. Desenvolveu a súa a arte a partir do expresionismo e sempre intentou superar o informalismo. En 1960 colaborou coas revistas ''[[Grial (revista)|Grial]]'' e ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' e co xornal compostelán ''[[La Noche]]''. Xunto con Brais Pinto, formou parte tamén do grupo vangardista A Gadaña e cofundou e militou na Unión do Pobo Galego. Participou na renovación expresiva do [[gravado]] e da [[litografía]], así como na estampa. Ademais, foi o pioneiro no desenvolvemento da [[banda deseñada]] con ''[[O home que falaba vegliota]]'' (1972) e coa obra de influencias vangardistas ''[[2 Viaxes]]'' (1975), este último realizado en colaboración con [[Xaquín Marín]].
[[Ficheiro:Bautista Álvarez.jpg|miniatura|Bautista Álvarez, un dos integrantes de Brais Pinto]]
 
=== Xosé Fernández Ferreiro ===
Xosé Fernández Ferreiro ([[Nogueira de Ramuín]] 1931 - 2015) foi '''xornalista''' e '''escritor'''<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=9|páxina=86|ref=}}</ref>. Foi licenciado en Ciencias da Información e, posteriormente, correspondente de ''ABC'', colaborador en diversas publicacións e prensa como ''Grial, Vieiros, La Vanguardia'' e ''Destino'' e redactor de ''Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego'' e ''La Voz de Galicia''. Fundou o grupo Brais Pinto e cultivou a poesía e a narrativa. De entre a súa obra destacan obras como ''[[Ribeirana do Sil]]'' (1952), ''[[A morte de Frank González]]'' &nbsp;(1975) ou ''[[Agosto do 36]]'' ([[Premio Xerais]] de Novela 1991). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo en 1985.
Liña 49 ⟶ 47:
Publicou ''[[Acoitelado na espera]]'' en 1960, obra que xa fora premiada o ano anterior pola Unidade Galega de Nova York. Nesta década fundou o Cine Club Vigo, xa de volta na Galiza, e foi un activo militante do [[Partido Comunista de España|PCE]]. No ano 1979 saíu á luz ''[[Indo pra más perto]]''.
 
Cribeiro morreu o 2 de maio de 1995 en Pontevedra.[[Ficheiro:Bautista Álvarez.jpg|miniatura|Bautista Álvarez, un dos integrantes de Brais Pinto]]
 
=== '''Bautista Álvarez Domínguez''' ===
Liña 115 ⟶ 113:
* ''[[Voz y voto]]'' do propio Celso Emilio Ferreiro na edición clandestina, publicado en 1955, foi o libro que abriu a colección de Brais Pinto.
 
Na súa primeira época (1958-1962)<ref>{{Cita libro|título=De Xente Nova a Brais Pinto : memorias dun afiador rebelde|apelidos=Fernández Ferreiro|nome=Xosé|editorial=Xerais|ano=2012|ISBN=9788499143477|páxina=119|ref=}}</ref> Brais Pinto publicou 5 títulos de poesía:
 
* ''[[Bocarribeira]]'' (1958), o primeiro libro de poesía de [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], ilustrado por [[Reimundo Patiño]].
Liña 145 ⟶ 143:
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ==={{Refempeza|2}}
*{{Cita publicación periódica|apelidos=Gonçales Blasco|nome=Luis|data=2000|título=Algo sobre Brais Pinto e as minhas relaçons com o fato|PMC=|revista=Agalia|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=63-64|número=}} ===
* {{Cita enciclopedia |autor=[[Ramón de Valenzuela]] [[et alii|et al.]] |artigo=Brais Pinto |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nacionalismo galego]]