Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 85:
 
== Movementos literarios ==
O grupo Brais Pinto ten unha clara relación coa [[Nova narrativa galega|Nova Narrativa Galega]], movemento de '''vangarda''' que, segundo [[Guillermo de la Torre]] é «Un novo estado do espírito manifestado na incorporación de novos temas e na imposición de certas convencións formais, distintas das inmediatamente anteriores»<ref>{{Cita libro|título=Galicia, literatura|apelidos=Rodríguez Iglesias|nome=Francisco|editorial=Hércules de Ediciones|ano=2000|ISBN=8489468656|ref=}}</ref>. Estes novos narradores tiñan a intención de renovar a narrativa galega dentro da diversidade creativa e intentar superar a precariedade cultural en que se situaba Galicia e o resto do Estado español como consecuencia da consolidación da [[Franquismo|ditadura franquista]].
 
Estes autores tamén cultivaron unha narrativa marcada por outras tendencias, influída por unha irrupción do alleo e disminuíndo trazos relacionados co ruralismo e o autóctono. Destaca unha primeira etapa con trazos do [[existencialismo]] de [[Franz Kafka|Kafka]] e cunha ruptura cos temas tratados pola literatura galega anterior. De 1964 a 1980 callou o alleo no autóctono cunha tendencia cara a indagación formal e o experimentalismo enunciativo.
Liña 99:
 
== Publicacións periodísticas ==
No espazo de reflexión política e cultural que foi Brais Pinto, permitiu non só a creación de organizacións de tipo político ou o desenvolvemento dunha labor cultural. Entón, algúns dos membros do grupo participaron en publicacións periodísticas de diversa índole<ref>{{Cita libro|título=Historia de la prensa gallega|apelidos=Santos Gayoso|nome=Enrique|editorial=Do Castro|ano=2014|ISBN=9788474927672|volume=2|ref=}}</ref>.
 
''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' é unha das manifestacións periodísticas en galego máis importantes. Defende un pluralismo ideolóxico marcado polo [[nacionalismo galego]], o [[progresismo]] e un riguroso monolingüismo. Trataron temas de Antropoloxía, Economía, Historia, Poesía ou Agricultura e recollían, por exemplo, os problemas do campo galego. Colaboraron Xosé Luís Méndez Ferrín e Reimundo Patiño, entre outros.