Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 35:
 
=== Bernardino Graña ===
É un '''escritor''' nado en 1932 en [[Cangas]] ([[Pontevedra]])<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir IndaIndo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=10|páxina=83|ref=}}</ref>. Desde os dezaoito anos formou parte do consello de redacción da revista de poesía ''Alba'' xunto con [[Celso Emilio Ferreiro]]. Durante a súa estada en Salamanca para levar a cabo os seus estudos de Filoloxía Románica, colaborou coa revista ''Clavero'' e a tertulia Marabunta. Así, participou na organización de encontros culturais e diversos recitáis poéticos durante esta etapa. Estivo involucrado na formación do grupo Brais Pinto e participou en diversas publicacións. Coñecido como o poeta cósmico e do mar e incluído na [[Xeración das Festas Minervais]], de entre a súa produción destacan obras como ''[[Poema do home que quixo vivir]]'' (1958) ou ''[[Non vexo Vigo nin Cangas]]'' (1975). Recompilou tamén as ''[[Cantigas de Santa María]]'' de [[Afonso X o Sabio|Alfonso X]] (1996) e participou volumes colectivos como a obra adicada a [[Uxío Novoneyra]] ''[[Porta a Compostela]]'' (2000). Como narrador, gañou o [[Premio Eixo Atlántico]] en 2006 por ''[[Protoevanxeo do neto de Herodes]]''. Porén, centrou o seu interese na literatura infantil, etapa en que publicou obras como ''[[O león e o paxaro rebelde]]'' (1969), premiado no II [[Concurso nacional de contos infantís O Facho|Concurso Nacional de Contos Infantís o Facho]]. Foi tamén o primeiro presidente da [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega|Asociación de Escritores en Lingua Galega]] (AELG), recibiu premios de poesía nas Festas Minervais da Universidade de Santiago de Compostela e foi galardoado co [[Premio Antón Noriega Varela de Poesía]] e co [[Premios Irmandade do Libro|Premio Irmandade do Libro]].
 
=== Reimundo Patiño ===
Reimundo Patiño Mancebo (1936 - 1985) foi un '''pintor''' coruñés<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=13|páxinas=290-291|ref=}}</ref>. A súa infancia en [[Monforte de Lemos]] foi marcada por unha enfermidade ósea que motivou o seu interese polo debuxo —cargado de imaxes fantásticas e dinamismo— no seu estado convalecente. Fundou en [[A Coruña|Coruña]] xunto con [[Xohán Casal]] a [[Liga Nórdica]] e a [[Unión de Artistas Ceibes]]. Desenvolveu a súa a arte a partir do expresionismo e sempre intentou superar o informalismo. En 1960 colaborou coas revistas ''[[Grial (revista)|Grial]]'' e ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' e co xornal compostelán ''[[La Noche]]''. Xunto con Brais Pinto, formou parte tamén do grupo vangardista A Gadaña e cofundou e militou na Unión do Pobo Galego. Participou na renovación expresiva do [[gravado]] e da [[litografía]], así como na estampa. Ademais, foi o pioneiro no desenvolvemento da [[banda deseñada]] con ''[[O home que falaba vegliota]]'' (1972) e coa obra de influencias vangardistas ''[[2 Viaxes]]'' (1975), este último realizado en colaboración con [[Xaquín Marín]].
[[Ficheiro:Bautista Álvarez.jpg|miniatura|Bautista Álvarez, un dos integrantes de Brais Pinto]]
 
=== Xosé Fernández Ferreiro ===
Xosé Fernández Ferreiro ([[Nogueira de Ramuín]] 1931 - 2015) foi '''xornalista''' e '''escritor'''<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=9|páxina=86|ref=}}</ref>. Foi licenciado en Ciencias da Información e, posteriormente, correspondente de ''ABC'', colaborador en diversas publicacións e prensa como ''Grial, Vieiros, La Vanguardia'' e ''Destino'' e redactor de ''Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego'' e ''La Voz de Galicia''. Fundou o grupo Brais Pinto e cultivou a poesía e a narrativa. De entre a súa obra destacan obras como ''[[Ribeirana do Sil]]'' (1952), ''[[A morte de Frank González]]''  (1975) ou ''[[Agosto do 36]]'' ([[Premio Xerais]] de Novela 1991). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo en 1985.
 
=== '''Xosé Alexandre Cribeiro''' ===
Xosé Alexandre Cribeiro naceu en Pontevedra nunha familia ilustre e galeguista<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|url=|volume=6|páxina=418|ref=}}</ref>. Estudou en Madrid, no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, e foi na propia capital onde formou parte do grupo Brais Pinto. Máis tarde, no ano 1959, recibiu un premio nas [[Festas Minervais]] de Santiago.
 
Publicou ''[[Acoitelado na espera]]'' en 1960, obra que xa fora premiada o ano anterior pola Unidade Galega de Nova York. Nesta década fundou o Cine Club Vigo, xa de volta na Galiza, e foi un activo militante do [[Partido Comunista de España|PCE]]. No ano 1979 saíu á luz ''[[Indo pra más perto]]''.
Liña 52:
 
=== '''Bautista Álvarez Domínguez''' ===
Bautista Goyel Álvarez Domínguez naceu en Ourense e fixo os seus primeiros estudos nese Seminario<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=1|páxina=400|ref=}}</ref>. Marchou entón a Madrid para cumprir o servizo militar obrigatorio e, durante a súa estadía na capital, decide matricularse na Universidade Complutense para estudar Letras e Filosofía. Alí estabeleceu contacto cos galegos estudantes e traballadores da capital e fundou con eles o grupo Brais Pinto, co cal pretendía ofrecer unha alternativa ao ''piñeirismo'', que tivese un maior compromiso político.
 
Xunto con outros integrantes do grupo, Álvarez fundou, en novembro de 1963, unha organización política que permitía a confluencia do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e do [[marxismo-leninismo]]. Esta organización, que se confirmou nunha xuntaza o 25 de xullo do ano seguinte, era a [[Unión do Povo Galego|UPG]] (Unión do Pobo Galego). Álvarez estivo en contacto con grupos antifranquistas de índole tanto nacional como internacional. En 1977 elexírono como presidente da [[Unión do Povo Galego|UPG]].
Liña 59:
 
=== '''Ramón Lorenzo''' ===
Ramón Lorenzo Vázquez naceu no concello coruñés de Ames en 1935<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=11|páxina=258|ref=}}</ref>. Foi catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Valladolid (1973-1977) e de Lingüística e Literatura Galegas (1981-2002) na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu o Departamento de Lengua Española e, máis adiante, o de Filoloxía Galega. Lorenzo formou parte do ILG desde a súa fundación e dirixiu, tamén, a revista ''[[Verba (revista)|Verba]]''; ademáis foi un dos impulsores da revista ''[[Dorna (revista)|Dorna]]'', da cal tamén é director.
 
No ano 1975 publicou ''[[Crónica Xeral (1975)|Crónica Xeral]]'' e, dous anos máis tarde, en 1977, ''[[Crónica de Castilla]]''. En 1985 publicou ''[[Crónica Troiana (1985)|Crónica Troiana]]''. No ano 2004 publicou os ''[[Miragres de Santiago]]''. Lorenzo é recoñecido non só por estes libros, senón tamén polo seu traballo como tradutor de autores xermánicos ao galego e o español. En 1958 foi cofundador do grupo literario Brais Pinto e, como autor deste estilo, destaca o poemario que publicou en 1959, ''[[O que se foi perdendo]]''.
Liña 66:
 
=== '''''Ben-Cho-Shey''''' ===
Xosé Ramón Fernández-Oxea, mellor coñecido como ''[[Xosé Ramón Fernández-Oxea|Ben-Cho-Shey]]'', naceu en Ourense no ano 1896<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=14|páxina=293|ref=}}</ref>. Foi un creador e investigador de múltiples disciplinas, desde a sociolingüística até a arquitectura. O seu primeiro escrito, o conto ''[[Deliraba (1918)|Deliraba]]'', publicouno baixo o pseudónimo de ''[[Xosé Ramón Fernández-Oxea|Xan Fouciño]]'' en 1918. En 1921 enviárono á Guerra de África, onde comezou unha correspondencia habitual con ''[[La Zarpa]]'' e utilizou por vez primeira o pseudónimo de ''Ben-Cho-Shey''. Estes artigos os recolleu en 1985 en ''[[Crónicas de Marruecos]]''. No ano 1946 nomeárono académico correspondente da [[Real Academia Galega]]. Participou nas reunións no café Lyon D’Or e, xunto a [[Ramón Cabanillas]], presidiu nelas. Aquí comezou a súa afiliación ao grupo Brais Pinto.
 
Destaca na súa obra o poemario ''[[Berzas (1953)|Berzas]]'' (1953) e ''[[A ducia do frade]]'' (1966). No apartado ensaístico destaca ''[[Andrómenas (1954)|Andrómenas]]'' (1954) e ''[[Escudos de Noya]]'' (1972). En 1960 galardonárono co [[Premio Ramón Mourente]], en 1964 co [[Premio José Cornide do Centro Galego de Bos Aires]] e, en 1986, coa [[Medalla Castelao]].
Liña 73:
 
=== '''Herminio Barreiro''' ===
Herminio Barreiro Rodríguez naceu en Sanxenxo en 1937<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=3|páxina=140|ref=}}</ref>. Comezou os seus estudos de bacharelato que logo simultaneou cos de mestre de Ensino Primario. Neste período tivo colaboración cun seminario de Pontevedra, ''[[Litoral (Pontevedra)|Litoral]]''. Aínda que se matriculara orixinariamente na Universidade de Santiago de Compostela, marchou a Madrid no ano 1958. Na capital, estudou Filosofía e Letras na Complutense, estabeleceu vínculos co [[Partido Comunista]] e estivo en contacto cos integrantes do grupo Brais Pinto. Entre os anos 1989 e 1992 publicou varios artigos en ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
Morreu o 6 de novembro de 2010 en Santiago de Compostela.