Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo formato de notas
Sen resumo de edición
Liña 35:
 
=== Bernardino Graña ===
É un '''escritor''' nado en 1932 en [[Cangas]] ([[Pontevedra]])<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Inda|ano=1999-|ISBN=8476802889|volume=10|páxina=83|ref=}}</ref>. Desde os dezaoito anos formou parte do consello de redacción da revista de poesía ''Alba'' xunto con [[Celso Emilio Ferreiro]]. Durante a súa estada en Salamanca para levar a cabo os seus estudos de Filoloxía Románica, colaborou coa revista ''Clavero'' e a tertulia Marabunta. Así, participou na organización de encontros culturais e diversos recitáis poéticos durante esta etapa. Estivo involucrado na formación do grupo Brais Pinto e participou en diversas publicacións. Coñecido como o poeta cósmico e do mar e incluído na [[Xeración das Festas Minervais]], de entre a súa produción destacan obras como ''[[Poema do home que quixo vivir]]'' (1958) ou ''[[Non vexo Vigo nin Cangas]]'' (1975). Recompilou tamén as ''[[Cantigas de Santa María]]'' de [[Afonso X o Sabio|Alfonso X]] (1996) e participou volumes colectivos como a obra adicada a [[Uxío Novoneyra]] ''[[Porta a Compostela]]'' (2000). Como narrador, gañou o [[Premio Eixo Atlántico]] en 2006 por ''[[Protoevanxeo do neto de Herodes]]''. Porén, centrou o seu interese na literatura infantil, etapa en que publicou obras como ''[[O león e o paxaro rebelde]]'' (1969), premiado no II [[Concurso nacional de contos infantís O Facho|Concurso Nacional de Contos Infantís o Facho]]. Foi tamén o primeiro presidente da [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega|Asociación de Escritores en Lingua Galega]] (AELG), recibiu premios de poesía nas Festas Minervais da Universidade de Santiago de Compostela e foi galardoado co [[Premio Antón Noriega Varela de Poesía]] e co [[Premios Irmandade do Libro|Premio Irmandade do Libro]].
 
=== Reimundo Patiño ===