Edicións do Cumio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
Pódense encontrar unhas 388 publicacións no seu catálogo, repartidas en varias categorías como son: libros, música, dicionarios, e guías e mapas. Entre os seus autores máis destacados están [[Antón Villar Ponte]], [[Rey Baltar]], [[López Cuevillas]] ou [[Álvaro Cunqueiro]], entre outros.
 
Dentro do xénero narrativo hai libros de autores moi recoñecidos como [[Edgar Allan Poe]]<ref>{{Cita publicación periódica|data=2018-05-10|título=Edgar Allan Poe|url=https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Edgar_Allan_Poe&oldid=107695423|lingua=es}}</ref> co seu libro "Os crimes da rúa Morgue" ou "O escaravello de ouro", ilustrados e traducidos por Fino Lorenzo. Tamén podemos destacar libros de mitos e tradicións como "Contos de homes e mulleres" de Xosé Ramón Mariño Ferro ou "Serpes e dragóns", do mesmo autor.
 
Por outra banda, no xénero do ensaio salienta ''A poesía de Eduardo Pondal'', ''Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego'' ou a obra ''Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos'', que trata dun estudo orixinal, tanto no fondo como na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con [[Rosalía]]<ref>{{Cita publicación periódica|data=2018-05-03|título=Rosalía de Castro|url=https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Rosal%C3%ADa_de_Castro&oldid=107531781|lingua=es}}</ref>.