Edicións do Cumio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
Mantén un criterio aberto nas súas liñas de produción, que vai desde o libro e outros materiais complementarios do proceso educativo até o xogo didáctico, da cartografía ao audio-libro do produto cultural en soportes multimedia ata o libro ilustrado infantil e xuvenil. Desde 2017 até 2013 o director foi Manuel Villegas Belmonte (1961-2018). O seu derradeiro director é Xosé María Argibay Torres.
 
Unha das grandes colaboracións que impulsou a creación desta editorial foi [[Hércules de Ediciones]]<ref>{{Cita web|url=http://www.herculesediciones.com/|páxina-web=Hércules Ediciones|título=Hércules Ediciones - Editorial Gallega|data-acceso=2018-05-14|lingua=es-ES}}</ref>, con sede na Coruña. Esta empresa editorial foi fundada en 1985 coa vontade de impulsar en Galicia proxectos editoriais de gran tamaño. Fundamentalmente dedicada á venda de libro a creto, para a que produce obras como o [[Proxecto Galicia]]. Nos últimos tempos deriva a súa oferta á publicación de libro ilustrado para a súa comercialización e librerías. Promoveu unha fundación que leva o nome do seu editor, Francisco Rodríguez Iglesias.
 
== Catálogo editorial ==
Liña 19:
Dentro do xénero narrativo hai libros de autores moi recoñecidos como [[Edgar Allan Poe]] co seu libro "Os crimes da rúa Morgue" ou "O escaravello de ouro", ilustrados e traducidos por Fino Lorenzo. Tamén podemos destacar libros de mitos e tradicións como "Contos de homes e mulleres" de Xosé Ramón Mariño Ferro ou "Serpes e dragóns", do mesmo autor.
 
Por outra banda, no xénero do ensaio salienta ''A poesía de Eduardo Pondal'', ''Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego'' ou a obra ''Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos'', que trata dun estudo orixinal, tanto no fondo como na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con [[Rosalía]]<ref>{{Cita publicación periódica|data=2018-05-03|título=Rosalía de Castro|url=https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Rosal%C3%ADa_de_Castro&oldid=107531781|lingua=es}}</ref>.
 
Na categoría de dicionarios, podemos diferenciar entre os bilingües como ''Dicionario Bilingüe Cumio'', con máis de 75.000 entradas de dobre versión: entrada castelán e saída galego, e entrada galego e saída castelán, tamén editado na versión de peto; ou outros monolingües como o ''Gran Dicionario Cumio da lingua galega'' con máis de 13.000 entradas.