Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m ortografía
Liña 8:
Con respecto ao personaxe cuxo nome leva o grupo, hai varias versións que intentan responder a esa pregunta. Algúns especulan incluso que [[Xosé Fernández Ferreiro]] era o seu inventor e que o heroe dunha das súas novelas, ''A saga dun afiador'' (1993), podería estar inspirado en Brais Pinto. Incluso que as historias sexan paralelas, o cal non é certo.
 
SegúnSegundo relatou [[Crespón Azul]] —o cronista do grupo— '''Brais Pinto''' foi un afiador de Cortecadela —situada na parroquia de Santa Cruz de Rubiacós— que marchou coa roda ós vinte anos para percorrer o mundo alá no 1900. Estivo en Portugal e América e percorreu varios países europeos, incluída Rusia. Mais finalmente atropelouno un autobús na praza de Cibeles de Madrid. Foi enterrado no cemiterio da Almudena, onde os membros de Brais Pinto lle ían facer homenaxes.
 
Dar un nome descoñecido ao grupo, segúnsegundo Fernández Ferreiro: '''«'''foi un acerto. Non soaba nada a cousa literaria, como case sempre ocorre nestes casos. Por iso a todos intrigou desde o primeiro momento. Non sabían quen era Brais Pinto e querían coñecer a identidade de semellante personaxe: un afiador, un home inquedo e soñador, solitario e libre, amigo dos camiños e de novos eidos, que levaba no peito un grande amor e un xardín de caraveis vermellos'''»'''.
 
== Descrición ==
Os integrantes do grupo Brais Pinto definíronse como estudantes e traballadores galegos que vivían en Madrid e compartían un certo interese en continuar co legado do partido galeguista. Estiveron moi influídos polos movementos de vangarda, pois un dos seus obxectivos consistía en renovar o panorama cultural galego coas novas formas e movementos literarios que existían no ámbito internacional. Pese a súa orixinaria intención política, Brais Pinto viu a súa actividade limitada ao campo cultural. Fundaron unha editorial de poesía—un xénero marxinado pola [[editorial Galaxia]]—onde publicaron un total de cinco poemarios; o primeiro deles ''[[Bocarribeira]]'' (1958) de [[Ramón Otero Pedrayo]], quen mantivo unha cercana relación próxima cos membros do grupo.
[[Ficheiro:Upg2.PNG|miniatura|Algúns dos integrantes de Brais Pinto participaron na refundación da UPG (Unión do Povo Galego)]]
A partir do inicio da década dos sesenta, Brais Pinto organízase como unha sociedade anónima e unha editorial lexitimizada. Aquí aparece un logotipo estilizado no que se vía unha roda de afiar impresa na segunda folla e mais na parte inferior da contraportada. Nesta época contan cun logotipo estilizado no que se vía unha roda de afiar impresa na segunda folla do libro e mais na parte inferior da contraportada. O grupo desvanece co paso dos anos, mais varios dos seus integrantes, con ideoloxías desenvoltas cara o marxismo, participaron na refundación do [[Unión do Povo Galego|UPG]] ('''Unión do Povo Galego''') en [[1964]].
Liña 21:
Brais Pinto tivo o seu punto de orixe en Madrid no ano 1958, constituído por un grupo de estudantes e traballadores galegos que vivían na capital. O grupo concretouse no café madrileño Os Mariscos, unha orixe humilde que encaixaba cos seus propósitos. Os seus primeiros integrantes foron [[Bautista Álvarez]], [[César Arias]], [[Xosé Cribeiro]], [[Xosé Fernández Ferreiro]], [[Bernardino Graña]], [[Ramón Lorenzo|Ramón Lourenzo]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] e [[Reimundo Patiño]]; e a eles incorporouse [[Herminio Barreiro]] un ano máis tarde. Todos eles estaban dispostos a traballar pola causa galega, un interese que conformou un dos trazos característicos do grupo.
 
Unha das primeiras labores que emprendeu Brais Pinto como grupo foi a edición dunha colección de poesía en cinco números: ''[[Bocarribeira]]'' de [[Ramón Otero Pedrayo]] (1958), ''A'' ''Noite'' de [[Xosé Fernández Ferreiro]] (1959), ''[[O que se foi perdendo]]'' de [[Ramón Lorenzo|Ramón Lourenzo]] (1959) e ''[[Acoitelado na espera]]'' de [[Xosé Cribeiro|Xosé Alexandre Cribeiro]] (1960). Este último libro tiña o anuncio da seguinte edición de ''[[Bandeiras Neboentas]]'' de [[Reimundo Patiño]], mais non se publicou até 1992 na editorial Espiral, sete anos despois da súa morte. Pola súa parte, ''Bocarribeira'' contiña unha breve declaración dos motivos do grupo para publicaren a colección de poesía:<blockquote>BRAIS PINTO é unha coleución de poesía fundada por un fato de mozos galegos residentes en Madrid. É a única coleución escrusivamente poética que subsiste no ámbito cultural galego. Pretende incorporar aos seus números as voces xóvenesmozas e as derradeiras actitudes da modernidade creadora, sen esquecer aos mestres de sempre nin ás figures (sic) representativas do intre actual en Europa, coidadosamente traducidas (sic) e anotadas.</blockquote>O propio Otero Pedrayo dirixiuse a Madrid para a presentación do libro e así iniciaron as boas relacións entre este autor e mais o grupo Brais Pinto.
 
O grupo tivo outras actividades salientábeis, como as veladas literarias que fixeron na honra de [[Ramón Cabanillas]] (4 de novembre de 1959) e de [[Luís Pimentel]] (12 de febreiro de 1960). Tamén en 1960 organizaron un curso de Lingua e Literatura galegas que impartiu Ramón Lourenzo no Centro Gallego de Madrid. En Outubrooutubro do mesmo ano, Brais Pinto celebrou un certame de poesía galega cunha dote de mil pesetas e a publicación da obra premiada. O poema ''[[A cidade é gaivota]]'', de [[Afonso Gallego Vila]], resultou gañadora; mais non a publicaron polos problemas económicos que enfrontaba o grupo no momento.
 
As actividades do grupo foron remitindo co paso do tempo, aínda que Patiño e Árias fan un intento de renovar a editorial en 1974. O grupo non se disolveu oficialmente en ningún momento, mais os seus membros distanciaronse e moitos participaron posteriormente en movementos políticos de ideoloxías galeguistas e marxistas.
 
==Integrantes==
Brais Pinto evoluciona a partir da [[Asociación Castelao]]<ref>{{Cita libro|título=Galicia, literatura|apelidos=Rodríguez Iglesias|nome=Francisco|editorial=A Coruña Hércules de Ediciones|ano=2000|ISBN=8489468656|volume=34|páxinas=96-102|ref=}}</ref>, fundada en 1958 e que agrupaba a estudantes galegos preocupados polo atraso económico e cultural de Galiza. Este novo grupo, creado en 1958, supón unha evolución haciacara a unha agrupación de carácter literario-artístico. Participaron Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Alexandre Cribeiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, Ben-Cho-Shey, Herminio Barreiro e César Arias; todos eles estudantes na universidade madrileña. Estes galegos participarían en debates literarios nos que dan a coñecer a produción literaria galega e discuten sobre os camiños que esta debe seguir. Ademais, case todos fan obra e creación.
 
=== Xosé Luís Méndez Ferrín ===
Liña 38:
 
=== Reimundo Patiño ===
Reimundo Patiño Mancebo (1936 - 1985) foi un '''pintor''' coruñés. A súa infancia en [[Monforte de Lemos]] foi marcada por unha enfermidade ósea que motivou o seu interese polo debuxo —cargado de imaxes fantásticas e dinamismo— no seu estado convalecente. Fundou en [[A Coruña|Coruña]] xunto con [[Xohán Casal]] a [[Liga Nórdica]] e a [[Unión de Artistas Ceibes]]. Desenvolveu a súa a arte a partir do expresionismo e sempre intentou superar o informalismo. En 1960 colaborou coas revistas ''[[Grial (revista)|Grial]]'' e ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' e co xornal compostelán ''[[La Noche]]''. Xunto con Brais Pinto, formou parte tamén do grupo vangardista A Gadaña e cofundou e militou na Unión do Pobo Galego. Participou na renovación expresiva do [[gravado]] e da [[litografía]], así como na estampa. Ademais, foi o pioneiro no desenvolvemento da [[banda deseñada]] con ''[[O home que falaba vegliota]]'' (1972) e coa obra de tintesinfluencias vangardistas ''[[2 Viaxes]]'' (1975), este último realizado en colaboración con [[Xaquín Marín]].
[[Ficheiro:Bautista Álvarez.jpg|miniatura|Bautista Álvarez, un dos integrantes de Brais Pinto]]
 
Liña 80:
Aínda que a maioría dos integrantes especializábanse nas letras, había algún que outro que eran máis coñecidos como [[Tino Grandío]], quen orbitraba ao redor do grupo; [[Manuel Coia|Maniel Coia]], quen era coñecido como escultor-mariñeiro, facía unhas figuras da raíz dos toxos e dos piornos; [[Ánxel G. Doreste]], fillo do poeta [[Ánxel Johán|Anxel Xohán]].
 
[[Luís Seoane]], coñecido como redactor de ''La Noche'' en Santiago, fixo os debuxos que ilustran a primeira novela de Xosé FernandezFernández Ferreiro: ''A morte de Frank González.''
 
[[Virxilio Fernández]], [[Mikal Forcada]], [[Reimundo Patiño]], [[Alfonso Galego]]; estes últimos nombraranse máis adiante citando cales foron as súas participacións nas publicacións literarias.
 
== Movementos literarios ==
O grupo Brais Pinto ten unha clara relación coa [[Nova narrativa galega|Nova Narrativa Galega]], movemento de '''vangarda''' que, segúnsegundo [[Guillermo de la Torre]] é «Un novo estado do espírito manifestado na incorporación de novos temas e na imposición de certas convencións formais, distintas das inmediatamente anteriores». Estes novos narradores tiñan a intención de renovar a narrativa galega dentro da diversidade creativa e intentar superar a precariedade cultural en que se situaba Galicia e o resto do Estado español como consecuencia da consolidación da [[Franquismo|ditadura franquista]].
 
Estes autores tamén cultivaron unha narrativa marcada por outras tendencias, influída por unha irrupción do alleo e disminuíndo trazos relacionados co ruralismo e o autóctono. Destaca unha primeira etapa con trazos do [[existencialismo]] de [[Franz Kafka|Kafka]] e cunha ruptura cos temas tratados pola literatura galega anterior. De 1964 a 1980 callou o alleo no autóctono cunha tendencia haciacara a indagación formal e o experimentalismo enunciativo.
 
Obras destacábeis da Nova Narrativa Galega son ''[[Nasce un árbore]]'' (1954) de [[G. Rodríguez Mourullo]], ''Retorno a Tagen Ata'' (1971) de Xosé Luís Méndez Ferrín ou ''[[O camiño de abaixo]]'' (1970) de Xohán Casal.
 
== Centros de reunión ==
O café '''Lyon D’Or''', o máis relevante centro de reunión do grupo, xa tiña unha reputación como centro de reunión para debates e coloquios, mais os membros do futuro grupo Brais Pinto destacaron pola súa índole política. O café estaba preto da estación do metro Sevilla, na rúa de Alcalá e cerca da Porta Sol; alí reuníanse galegos cun interese profundo nos asuntos literarios e galeguistas. Estaba este grupo de reunión presidido por Ramón Cabanillas e Ben-Cho-Shey, persoeiros que os integrantes admiraban en grande medida. AdemáisAdemais, Cabanillas era xa coñecido noutro café de Santiago, o '''Derby'''; deste café foron invitados algúns galeguistas ao café '''El Bombero''', na rúa Franco.
 
O grupo non se reunía só en cafés, aínda que por motivos de organización era o máis sinxelo. Reuníanse tamén en parques, en particular nos días laborais, pois tiñan obrigacións no traballo o nos estudos. Os fines de semana eran, en definitiva, os días en que o grupo era máis numeroso.
Liña 99:
 
== Publicacións periodísticas ==
No espazo de reflexión política e cultural que foi Brais Pinto, permitiu non só a creación de organizacións de tipo político ou o desenvolvemento dunha labor cultural. Entón, algunsalgúns dos miembrosmembros do grupo participaron en publicacións periodísticas de diversa índole.
 
''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' é unha das manifestacións periodísticas en galego máis importantes. Defende un pluralismo ideolóxico marcado polo [[nacionalismo galego]], o [[progresismo]] e un riguroso monolingüismo. Trataron temas de Antropoloxía, Economía, Historia, Poesía ou Agricultura e recollían, por exemplo, os problemas do campo galego. Colaboraron Xosé Luís Méndez Ferrín e Reimundo Patiño, entre outros.
Liña 105:
A seguir, no desenvolvemento da súa carreira periodística, Xosé Fernández Ferreiro foi redactor de ''La Noche'' e ''La Voz de Galicia''.
 
Por outro lado, algúns dos membros fixeron tamén colaboracións puntuáis en diferentes periódicos. Por exemplo, Xosé Ramón Fernández Oxea enviou crónicas ao periódico ourensán ''La Zarpa'' sobre o conflictoconflito bélico de Annual, Xosé Luís Méndez Ferrín publicou un artigo en ''Faro de Vigo'' e Celso Emilio Ferreiro publicou unha carta aberta en ''Chan'' e logo en ''Correo de Galicia'' ademais de facer unha recensión no ''ABC''.
 
Outras publicacións salientábeis foron ''[[Galicia Emigrante]]'' e ''Outeiro''; esta última dedicaba un par de páxinas á poesía galega e non prosperou moito.
Liña 117:
Na súa primeira época (1958 – 1962) Brais Pinto publicou 5 títulos de poemas:
 
* ''[[Bocarribeira]]'' (1958), o primerprimeiro libro de poesía de [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], ilustrado por [[Reimundo Patiño]].
* ''[[Poema do home que quixo vivir]]'' (1959), de [[Bernardino Graña]], cun limiar de [[Xosé Luís Méndez Ferrín|Méndez Ferrín]] e ilustrado por [[Alfonso Galego]].
* ''A Noite'', por [[Xosé Fernández Ferreiro|Fernández Ferreiro]], ilustrado por Reimundo Patiño (1959).
Liña 123:
* ''[[Acoitelado na espera]]'' (1960), de [[Xosé Cribeiro|Alexandre Cribeiro]], debuxado por [[Mikal Forcada]].
 
Ningún destes poemas foron reeditados, a excepción de ''Bocarribeira'', de que [[Anxo Angueira]] fixo unaunha edición que publicou [[Editorial Galaxia|Galaxia]] en 2005. Ningún destes cinco exemplares superan as 55 páxinas e tamén eran pequenas as súas tiraxes (500 exemplares). Non se vendían nas librerías, senonsenón que se enviaban por el reembolso por correo  aos suscritores (que rondaban entre os 70 e 75).
 
Na segunda etapa editouse máis de media ducia de títulos por Reimundo Patiño e César Arias –que eran os que quedaban en Madrid (1974-89), presentaron os títulos como: