Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Ampliación da entrada
Liña 1:
{{sen referencias}}
{{Ortografía}}
'''Brais Pinto'''<ref>{{Cita libro|título=Enciclopedia Galega Universal|apelidos=Ledo|nome=Bieito|editorial=Ir Indo|ano=1999|ISBN=84-7680-288-9|ref=}}</ref> foi un grupo [[Galeguismo (política)|galeguista]] de intelectuais, artistas e escritores galegos que tiñan como obxectivos principais o antifranquismo, a defensa do galego e unha renovación da cultura galega claramente influída polas [[vangardas]]. Foi fundado en [[Madrid]] no ano [[1958]].
 
O seu gomo foi a preocupación por [[Galicia|Galiza]] e os seus problemas, o profundo atraso en que se encontraban as artes galegas e a escasa actividade política, nacionalista e democrática da época. Entón, foron responsábeis da creación dun espazo de reflexión política sobre Galiza que permitiu a creación doutras organización desa índole; e máis dun amplo labor cultural que culminou na creación da súa propia editorial e na participación en proxectos como o movemento plástico ''A Gadaña''. Os seus compoñentes principais son: [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Bernardino Graña]], [[Reimundo Patiño]], [[Xosé Fernández Ferreiro]], [[Xosé Cribeiro|Xosé Alexandre Cribeiro]], [[Bautista Álvarez]], [[Ramón Lorenzo]], [[Xosé Ramón Fernández-Oxea|Ben-Cho-Shey]], [[Herminio Barreiro]] e [[César Arias]].
Liña 39:
=== Reimundo Patiño ===
Reimundo Patiño Mancebo (1936 - 1985) foi un '''pintor''' coruñés. A súa infancia en [[Monforte de Lemos]] foi marcada por unha enfermidade ósea que motivou o seu interese polo debuxo —cargado de imaxes fantásticas e dinamismo— no seu estado convalecente. Fundou en [[A Coruña|Coruña]] xunto con [[Xohán Casal]] a [[Liga Nórdica]] e a [[Unión de Artistas Ceibes]]. Desenvolveu a súa a arte a partir do expresionismo e sempre intentou superar o informalismo. En 1960 colaborou coas revistas ''[[Grial (revista)|Grial]]'' e ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' e co xornal compostelán ''[[La Noche]]''. Xunto con Brais Pinto, formou parte tamén do grupo vangardista A Gadaña e cofundou e militou na Unión do Pobo Galego. Participou na renovación expresiva do [[gravado]] e da [[litografía]], así como na estampa. Ademais, foi o pioneiro no desenvolvemento da [[banda deseñada]] con ''[[O home que falaba vegliota]]'' (1972) e coa obra de tintes vangardistas ''[[2 Viaxes]]'' (1975), este último realizado en colaboración con [[Xaquín Marín]].
[[Ficheiro:Bautista Álvarez.jpg|miniatura|Bautista Álvarez, un dos integrantes de Brais Pinto]]
 
=== Xosé Fernández Ferreiro ===
Xosé Fernández Ferreiro ([[Nogueira de Ramuín]] 1931 - 2015) foi '''xornalista''' e '''escritor'''. Foi licenciado en Ciencias da Información e, posteriormente, correspondente de ''ABC'', colaborador en diversas publicacións e prensa como ''Grial, Vieiros, La Vanguardia'' e ''Destino'' e redactor de ''Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego'' e ''La Voz de Galicia''. Fundou o grupo Brais Pinto e cultivou a poesía e a narrativa. De entre a súa obra destacan obras como ''[[Ribeirana do Sil]]'' (1952), ''[[A morte de Frank González]]''  (1975) ou ''[[Agosto do 36]]'' ([[Premio Xerais]] de Novela 1991). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo en 1985.
 
=== '''Xosé Alexandre Cribeiro''' ===
Xosé Alexandre Cribeiro naceu en Pontevedra nunha familia ilustre e galeguista. Estudou en Madrid, no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, e foi na propia capital onde formou parte do grupo Brais Pinto. Máis tarde, no ano 1959, recibiu un premio nas [[Festas Minervais]] de Santiago.
 
Publicou ''Acoitelado na espera'' en 1960, obra que xa fora premiada o ano anterior pola Unity Galega de Nova York. Nesta década fundou o Cine Club Vigo, xa de volta na Galiza, e foi un activo militante do [[Partido Comunista de España|PCE]]. No ano 1979 saíu á luz ''Indo pra más perto''.[[Ficheiro:Bautista Álvarez.jpg|miniatura|Bautista Álvarez, un dos integrantes de Brais Pinto]]Cribeiro morreu o 2 de maio de 1995 en Pontevedra.
 
=== '''Bautista Álvarez Domínguez''' ===
Bautista Goyel Álvarez Domínguez naceu en Ourense e fixo os seus primeiros estudos nese Seminario. Marchou entón a Madrid para cumprir o servizo militar obrigatorio e, durante a súa estadía na capital, decide matricularse na Universidade Complutense para estudar Filosofía e Letras. Alí estabeleceu contacto cos galegos estudantes e traballadores da capital e fundou con eles o grupo Brais Pinto, co cal pretendía ofrecer unha alternativa ao ''piñeirismo'', que tivese un maior compromiso político.
 
Xunto con outros integrantes do grupo, Álvarez fundou, en novembro de 1963, unha organización política que permitía a confluencia do galeguismo e do marxismo-leninismo. Esta organización, que se confirmou nunha xuntaza o 25 de xullo do ano seguinte, era a [[Unión do Povo Galego|UPG]] (Unión do Pobo Galego). Álvarez estivo en contacto con grupos antifranquistas de índole tanto nacional como internacional. En 1977 elexírono como presidente da [[Unión do Povo Galego|UPG]].
 
Álvarez morreu o 16 de setembro de 2017.
 
=== '''Ramón Lorenzo''' ===
Ramón Lorenzo Vázquez naceu no concello coruñés de Ames en 1935. Foi catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Valladolid (1973-1977) e de Lingüística e Literatura Galegas (1981-2002) na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu o Departamento de Lengua Española e, máis adiante, o de Filoloxía Galega. Lorenzo formou parte do [[Instituto da Lingua Galega|ILG]] desde a súa fundación e dirixiu, tamén, a revista ''Verba''; ademáis foi un dos impulsores da revista ''Dorna'', da cal tamén é director.
 
No ano 1975 publicou ''Crónica Xeral'' e, dous anos máis tarde, en 1977, ''Crónica de Castilla''. En 1985 publicou ''Crónica Troiana''. No ano 2004 publicou os ''Miragres de Santiago''. Lorenzo é recoñecido non só por estes libros, senón tamén polo seu traballo como tradutor de autores xermánicos ao galego e o español. En 1958 foi cofundador do grupo literario Brais Pinto e, como autor deste estilo, destaca o poemario que publicou en 1959, ''O que se foi perdendo''.
 
É membro de honor da Associaçao Portuguesa de Lingüística e recibiu no ano 2004 o Premio de Investigación Galicia. Desde 1999 é membro da [[Real Academia Galega]].
 
=== '''''Ben-Cho-Shey''''' ===
Xosé Ramón Fernández-Oxea, mellor coñecido como ''[[Xosé Ramón Fernández-Oxea|Ben-Cho-Shey]]'', naceu en Ourense no ano 1896. Foi un creador e investigador de múltiples disciplinas, desde a sociolingüística até a arquitectura. O seu primeiro escrito, o conto ''Deliraba'', publicouno baixo o pseudónimo de ''[[Xosé Ramón Fernández-Oxea|Xan Fouciño]]'' en 1918. En 1921 enviárono á Guerra de África, onde comezou unha correspondencia habitual con ''[[La Zarpa]]'' e onde utilizou por vez primeira o pseudónimo de ''Ben-Cho-Shey''. Estes artigos os recolleu en 1985 en ''Crónicas de Marruecos''. No ano 1946 nomeárono académico correspondente da [[Real Academia Galega]]. Participou nas reunións no café Lyon D’Or e, xunto a [[Ramón Cabanillas]], presidiu nelas. Aquí comezou a súa afiliación co grupo Brais Pinto.
 
Destaca na súa obra o poemario ''Berzas'' (1953) e ''A ducia do frade'' (1966). No apartado ensaístico destaca ''Andrómenas'' (1954) e ''Escudos de Noya'' (1972). En 1960 galardonárono co Premio Ramón Mourente, en 1964 co Premio José Cornide do Centro Galego de Bos Aires e, en 1986, coa [[Medalla Castelao]].
 
Morreu o 2 de maio de 1988.
 
=== '''Herminio Barreiro''' ===
Herminio Barreiro Rodríguez naceu en Sanxenxo en 1937. Comezou os seus estudos de bacharelato que logo simultaneou cos de mestre de Ensino Primario. Neste período tivo colaboración cun seminario de Pontevedra, ''[[Litoral (Pontevedra)|Litoral]]''. Aínda que se matriculara orixinariamente na Universidade de Santiago de Compostela, marchou a Madrid no ano 1958. Na capital, estudou Filosofía e Letras na Complutense, estabeleceu vínculos co [[Partido Comunista]] e estivo en contacto cos integrantes do grupo Brais Pinto. Entre os anos 1989 e 1992 publicou varios artigos en ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
Morreu o 6 de novembro de 2010 en Santiago de Compostela.
 
== Expresións artísticas ==