Edicións do Cumio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
[[Ficheiro:Stand Cumio.jpg|miniatura|Stand no [[CulturGal]] 2010.]]
 
No seu comezo centrou a súa actividade na edición xeral de libros, en especial literatura infantil e xuvenil ("curuxa" e "gaivota"), narrativa para adultos, da que destaca a colección da novela policial "cómplice" e material complementario de ensino ("guías de lectura", "criterio", "manuais" etc). En 1994 comezou a súa actividade musical, nun principio baixo a dirección de Suso Vaamonde, e logo de Cándido Meixide. O [[Folclore|folk]] (Treixadura e Liorna), o [[Rock alternativo|rock]] (Túzaros e Xenreira), e a música tradicional (Pallamallada, Xistra e Ultreia), son os estilos máis destacados, aínda que tamén atende ás chamadas novas músicas (Tangata e Emilio Rúa). Unha das súas especializacións é a cartografía e a publicación de guías turísticas, como mapas de Galicia, de comarcas e de espazos naturais, planos de vilas e cidades, e guías de interese turístico e cultural ("Cidades", "Castros", "Fervenzas" e "Naturguías"). A partir de 1998, a editorial comezou unha nova liña de produción que denominou "multimedia", coa elaboración CD-ROM ademais, o seu catálogo achega tamén importantes series de traballos en CD e DVD que recollen unha boa parte da música galega gravada.
 
No 1999 publicou o primeiro Diccionario electrónico da lingua galega, ademais dun corrector ortográfico. Entre as súas producións destacan os audio-libros infantís, os xogos didácticos e diferentes de lingua galega.
Liña 24:
Dentro do xénero narrativo hai libros de autores moi recoñecidos como [[Edgar Allan Poe]] co seu libro "Os crimes da rúa Morgue" ou "O escaravello de ouro", ilustrados e traducidos por Fino Lorenzo. Tamén podemos destacar libros de mitos e tradicións como "Contos de homes e mulleres" de Xosé Ramón Mariño Ferro ou "Serpes e dragóns", do mesmo autor.
 
Por outra banda, no xénero do ensaio salientamos "A poesía de Eduardo Pondal", "[[Ánxel Fole]]. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego" ou a obra "Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos", que trata dun estudo orixinal, tanto no fondo como na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con Rosalía.
 
Na categoría de dicionarios, podemos diferenciar entre os bilingües como "Dicionario Bilingüe Cumio", con máis de 75.000 entradas de dobre versión: entrada castelán e saída galego, e entrada galego e saída castelán, tamén editado na versión de peto; ou outros monolingües como o Gran Dicionario Cumio da lingua galega con máis de 13.000 entradas.
Liña 32:
Cabe destacar que dentro do xénero infantil salientan os contos de cartón como "O gato con botas" ou "O osiño Boris".
 
Como xa nomeamos anteriormente Edicións do Cumio caracterízase por poseer unha gran liña multimedia, ofrecéndoofrecendo diversos grupos musicais, corais e bandas, principalmente de folklore tradicional galego; exemplo disto están os grupos como Banda artística de Merza, Banda Unión musical de Valadares, Coral Casablanca ou [[Banda de Música Municipal de Celanova]], con temas de autores galegos e internacionais.
 
[[Ficheiro:Diciopedia do Século 21.JPG|miniatura|175px|[[Diciopedia do século 21]].]]