Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4735871 de HombreDHojalata (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 13:
Ante este problema, a súa resposta é combater a situación directamente coa publicación de ''Luzes de Galiza''. Mais, a pesar de que A Coruña cobra un gran protagonismo nesta revista, non se trata dunha iniciativa [[localismo|localista]], senón que a partir desa cidade, unha das máis [[lingua castelá|castelanizadas]] de Galiza e na que primaba un maior descoñecemento da [[Cultura de Galicia|cultura galega]],{{Cómpre referencia}} extrapólase a estratexia de combate intelectual a toda a todo o país.
 
En canto ao carácter de ''Luzes'', trátase dunha publicación heteroxénea e aberta na que se tratan temas variados dentro do eido da cultura e do pensamento, sendo especialmente importantes o [[ensaio (literatura)|ensaio]], a [[fotografía]], a [[filosofía]], as [[artes plásticas]], a [[arquitectura]], a literatura, a [[música]], o [[cine]] e o deseño. Por esta razón, ademais de con diversas xeracións de escritores e ensaístas, a revista contaba nas súas filas con fotógrafos como [[Xurxo Lobato]], Moncho Rama, Chus García, Xulio Correa, Xan Piñón, Luís Suárez Canal, Xosé Abad, Caruncho, [[Delmi Álvarez]] e [[Vari Caramés]], así como con ilustradores como [[Luís Seoane]], Alfonso Sucasas, Antón Patiño, Reimundo Patiño, Alfonso Costa, [[Xulio Maside]], Din Matamoro, César Fernández Arias, Álvaro de la Vega, Antón Lamazares, Xulio [[Correa Corredoira]], Xaquín Martín, [[Miguelanxo Prado]] e Alerto Datas, encargados de converter a revista nun referente tamén artístico e gráfico. Destacan alén diso os frecuentes artigos literarios e a análises críticas da actualidade co obxectivo de renovar a prensa cultural galega desde dentro.
 
Na súa orixe é visible o espírito renovador e novo da revista, na que priman os traballos dos membros das xeracións máis novas de escritores e artistas por enriba das anteriores, de maior experiencia. O papel clave da xuventude en ''Luzes'' determina o carácter da publicación no inicio, marcadamente progresista, vangardista, cosmopolita e nacionalista. Nela introdúcense con frecuencia elementos da cultura europea e do mundo cultural luso, polo menos no seu comezo, tanto no caso de artigos como de entrevistas.