Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
{{Subst:Atención|En 1992 non houbo eleccións ao Parlamento de Galicia}}
Liña 13:
Ante este problema, a súa resposta é combater a situación directamente coa publicación de ''Luzes de Galiza''. Mais, a pesar de que A Coruña cobra un gran protagonismo nesta revista, non se trata dunha iniciativa [[localismo|localista]], senón que a partir desa cidade, unha das máis [[lingua castelá|castelanizadas]] de Galiza e na que primaba un maior descoñecemento da [[Cultura de Galicia|cultura galega]],{{Cómpre referencia}} extrapólase a estratexia de combate intelectual a toda a todo o país.
 
En canto ao carácter de ''Luzes'', trátase dunha publicación heteroxénea e aberta na que se tratan temas variados dentro do eido da cultura e do pensamento, sendo especialmente importantes o [[ensasioensaio (literatura)|ensaio]], a [[fotografía]], a [[filosofía]], as [[artes plásticas]], a [[arquitectura]], a literatura, a [[música]], o [[cine]] e o deseño. Por esta razón, ademais de con diversas xeracións de escritores e ensaístas, a revista contaba nas súas filas con fotógrafos como [[Xurxo Lobato]], [[Moncho Rama]], [[Chus García]], [[Xulio Correa]], [[Xan Piñón]], [[Luís Suárez Canal]], [[Xosé Abad]], [[Caruncho]], [[Delmi Álvarez]] e [[Vari Caramés]], así como con ilustradores como [[Luís Seoane]], Alfonso Sucasas, Antón Patiño, Reimundo Patiño, Alfonso Costa, [[Xulio Maside]], Din Matamoro, César Fernández Arias, Álvaro de la Vega, Antón Lamazares, [[Correa Corredoira]], Xaquín Martín, [[Miguelanxo Prado]] e Alerto Datas, encargados de converter a revista nun referente tamén artístico e gráfico. Destacan alén diso os frecuentes artigos literarios e a análises críticas da actualidade co obxectivo de renovar a prensa cultural galega desde dentro.
 
Na súa orixe é visible o espírito renovador e novo da revista, na que priman os traballos dos membros das xeracións máis novas de escritores e artistas por enriba das anteriores, de maior experiencia. O papel clave da xuventude en ''Luzes'' determina o carácter da publicación no inicio, marcadamente progresista, vangardista, cosmopolita e nacionalista. Nela introdúcense con frecuencia elementos da cultura europea e do mundo cultural luso, polo menos no seu comezo, tanto no caso de artigos como de entrevistas.
Liña 33:
''Luzes de Galiza'' contou como redactores con [[Xavier Seoane]], [[Lino Braxe]], [[Antón Baamonde]], [[Miguel Anxo Mato Fondo]], [[Miguel-Anxo Murado]] e [[Xulio Valcárcel]], membros do equipo xa nos anos de fundación ou engadidos máis adiante.
 
En canto aos diversos colaboradores da revista ao longo dos anos, en ''Luzes de Galiza ''participaron varias xeracións de escritores e ensaístas, maioritariamente nados a partir dos anos cincuenta e identificados coa renovación cultural. Contaba con nomes como [[Xosé María Álvarez Cáccamo]], [[Vicente Araguas]], [[Alberto Avendaño]], [[Carmen Blanco]], [[Antón Capelán]], [[Manuel Forcadela]], [[Camilo Franco]], [[Xesús González Gómez]], [[Xosé M.Manuel Martínez Oca]], [[Gonzalo Navaza]], [[Antón Reixa]], [[Claudio Rodríguez Fer]], [[Xurxo Souto]], [[Manuel Vilanova]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Manuel María]], [[Xosé Manuel Beiras]] etc.
 
== Etapas ==
Liña 41:
* Cambios na estética das publicacións: engaden o subtítulo de "Revista de liberdades, crítica e cultura", mudan o deseño e engaden publicidade.
* Maior carácter multidisciplinar e heteroxéneo, como xa indica o novo subtítulo.
* Cambio nos principais asuntos tratados. Fronte ao centralismo da atención á evolución do sistema cultural, na segunda etapa adquire un maior peso o debate ideolóxico sobre a situación política e social do momento (cuestións que xa eran tratadas dende o principio, mais que agora convértense en protagonistas).
{{Atención|1=En 1992 non houbo eleccións ao Parlamento de Galicia|data=maio de 2018}}
* Adquisición de importancia do nacionalismo, que remata nun distanciamento do [[BNG]]. Este cambio estivo relacionado coas mudanzas políticas e económicas tras as [[elecciónsEleccións ao Parlamento Galegode Galicia de 1992]], e tivo como consecuencia unha perda de colaboradores e ataques directos tanto políticos como culturais ao partido político. {{Cómpre referencia}}
* Ligado coa nova importancia do nacionalismo, esta nova postura política incluirá un debate sobre o futuro da lingua galega, abordado dende unha perspectiva heteroxénea.
* Redución do número de colaboradores, en función da súa posición respecto da nova dirección que adoptou a revista; ademais da maior cooperación doutros que na primeira etapa só o facían esporadicamente.
* Desvinculación progresiva do polisistema afro-luso-brasileiro a partir do número 17, no que se elimina a sección “Palavra común”.
* No plano da [[literatura galega|literatura en galego]], en vista do novo panorama literario, pasan de dar prioridade á poesía a centralizar a narrativa.
* Introdución de traducións de escritores españois (como por exemplo [[Gonzalo Torrente Ballester]]) con ideoloxías próximas á de ''Luzes'', como forma de lexitimación desta ao estender o prestixio destes escritores destacados fóra de Galiza.