Boletín Galego de Literatura: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 2:
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
{{Título en cursiva}}
{{Revista}}
O '''''Boletín Galego de Literatura''''' (BGL) é unha revista literaria semestral que edita a [[Universidade de Santiago de Compostela]] e está dirixida por [[Anxo Tarrío Varela]], profesor da facultade de Filoloxía da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. A data de creación é 1989 e o primeiro número corresponde aos meses de xaneiro-maio. Esta publicación está redactada exclusivamente en lingua galega, exceptuando algunhas colaboracións escritas en español, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán. Nela aparecen artigos sobre crítica e historiografía de calquera literatura do mundo, ademais de traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica<ref name="Páxina web">{{cita web|url=http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/issue/archive |título=Números anteriores |editor=Universidade de Santiago de Compostela}}</ref> etc.
== Nacemento e actividade ==
O ''Boletín Galego de Literatura'' nace no campo da filoloxía galega e portuguesa baixo a dirección do catedrático [[Anxo Tarrío|Anxo Tarrío Varela]] e da secretaría de Xabier Campos Villar e [[Isabel Soto|Mª Isabel Soto López]]. Nese momento non existía en Galicia ningunha revista que se dedicase exclusivamente a ofrecer estudos e análises sobre literatura redactados en galego e o director —que naquel tempo dirixía o ''Seminario de Literatura Galega'' para o [[COU]]—, propúxolles aos seus compañeiros a creación dunha revista onde vehicular reflexións, estudos, análises etc
Actualmente, está formada por dous consellos, un primeiro Consello Científico —que se encarga de orientar e asesorar sobre os contidos—, formado por dezanove membros entre os que destacan Víctor Manuel Aguilar e Silva, Mercedes Brea López e Carlos Buján, Richard Cardwell, Basilio Losada e Guiuseppe Tavani, e un segundo Consello Redactor e corrector —que decide sobre a presentación e a normativa editorial da revista—, formado por cinco membros entre os que sobresaen Eulalia Agrelo Costas e Miguel Louzao Otero, ambos profesores da Univ. Santiago de Compostela. O deseño da maqueta e da cuberta está a cargo de Alejandro Vidal sobre unha idea de Pedro de Llano e as ilustracións corren da man de Alex Mene. A coordinación das publicacións está baixo o mando de [[Patricia Fra López]] e Mª Teresa Vilariño e o servizo de publicación é o da Universidade de Santiago de Compostela. Por último, as encargadas das colaboracións e da correspondencia son [[Marta Neira Rodríguez]] e Mª. Isabel Soto López.
Liña 17 ⟶ 18:
== Colaboradores ==
A revista divídese en distintos apartados como Estudios, Notas, Documentos, Encontros, Bibliografías, Libros e Creación, non sempre presentes en todos os números. En canto á creación, moitos dos colaboradores son de fama recoñecida como os escritores [[Suso de Toro]], [[Uxío Novoneyra]], [[Yolanda Castaño]], [[Agustín Fernández Paz]], [[Xavier Alcalá|Xabier Alcalá]], [[Bernardino Graña]], [[Manuel María]], [[Luz Pozo Garza]], [[Claudio Rodríguez
A selección de textos, mestres o ''BGL'' foi editado en papel (1989-2012), foi realizada polos propios fundadores coa axuda do Consello Científico, seguindo criterios de calidade e oportunidade dos traballos en cuestión. A partir da versión dixital (2015-), a selección faise pola lectura de pares anónimos e os autores dos traballos poden acceder á plataforma Open Journal System para seguir o proceso.
Liña 25 ⟶ 26:
==Notas==
{{Listaref|02}}
{{Control de autoridades}}
|