Diferenzas entre revisións de «Igrexa ortodoxa»

m
sen resumo de edición
m (Colocación do pronome)
m
A '''Igrexa ortodoxa''', tamén coñecida como '''Igrexa católica ortodoxa''', é unha [[igrexa (comunidade)|igrexa]] [[cristiá]], que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por [[Xesús Cristo]]. Estrutúrase como unha comuñón de [[igrexas ortodoxas autocéfalas|igrexas autocéfalas]] gobernadas cada unha por un [[sinodalidade|sínodo de bispos]], iguais entre eles, e sen unha autoridade central de goberno análoga ao [[papa]]do na [[Igrexa Católica|Igrexa católica]].
 
A Igrexa ortodoxa considerase a herdeira de tódalas comunidades cristiás da metade oriental do [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]].​<ref>''O pequeno Larousse 2004''. Spes Editorial. 2003. p. 746. <small><nowiki>ISBN 978-84-8332-445-5</nowiki></small>. «A Igrexa ortodoxa [...] considerase herdeira das primeiras comunidades cristiás establecidas ao oriente do Mediterráneo polos apóstoles [...]».</ref> A súa doutrina teolóxica estableceuse nunha serie de [[Concilio|concilios]], dos cales os máis importantes son os primeiros Sete Concilios, chamados "ecuménicos" que tiveron lugar entre os séculos IV e VIII. Tras varios desencontros e conflitos, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica separaronse no chamado "[[Gran Cisma|Cisma de Oriente e Occidente]]", o 16 de xullo de 1054. O cristianismo ortodoxo difundiuse por [[Europa Oriental]] grazas ao prestixio do [[Imperio Bizantino]] e aao labor de numerosos grupos misioneiros.
 
Está en realidade constituída por 14 ou, segúndo algunhas delas, 15 Igrexas autocéfalas que recoñecen só o poder da súa propia autoridade xerárquica (por exemplo, do patriarca de Alexandría, de Antioquía, de Constantinopla, etc. ou a de metropolitanos, se é o caso), pero manteñen entre si comuñón douctrinal e sacramental.
9.404

edicións