Unha habitación con vistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 19:
| recadación=21 millóns de dólares
}}
'''''Unha habitación con vistas'''''<ref>En galego o termo '''habitación''' non é correcto como sinónimo de '''cuarto''' ou '''estancia'''. Porén, para o caso do filme, o título dado foi o que se indica: ''Unha habitación con vistas''.</ref> (en {{lang-en|A Room with a View}}) é un filme británico de 1985, dirixido por [[James Ivory]] e producido por [[Ismail Merchant]], baseado na [[A Room with a View|novela homónima]] de [[E. M. Forster]] (1908). O filme segue fielmente a novela empregando os títulos dos capítulos para distinguir segmentos temáticos. Ambientada en Inglaterra e Italia, conta a historia dunha moza que vive na restritiva e represiva cultura eduardiana e o desenvolvemento do amor por un mozo de espírito libre. Está protagonizada por [[Helena Bonham Carter]] e [[Julian Sands]] e inclúe a [[Maggie Smith]], [[Denholm Elliott]], [[Daniel Day-Lewis]], [[Judi Dench]] e [[Simon Callow]] en papeis secundarios.
 
O filme foi un éxito de crítica e de público. Na [[59ª edición dos Oscar]] foi candidato a oito premios incluíndo o de [[Oscar ó mellor filme|mellor filme]] e gañou tres: [[Oscar ó mellor guión adaptado|mellor guión adaptado]], [[Oscar ó mellor deseño de produción|mellor dirección artística]] e [[Oscar ó mellor deseño de vestiario|mellor deseño de vestiario]]. Gañou tamén cinco [[BAFTA|premios BAFTA]] e un [[premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]]. En 1999, o [[British Film Institute]] colocou ''Unha habitación con vistas'' no posto 73 da súa lista dos cen mellores filmes do século XX.