Mensajes de poesía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
→‎Bibliografía: referencia engadida
Liña 3:
[[Ficheiro:Mensajes de Poesía.jpg|miniatura|dereita|Primeiras páxinas do cuarto número da revista.]]
 
'''''Mensajes de Poesíapoesía''''' foi unha publicación mensual que apareceu en [[Vigo]] entre setembro de 1948 e xaneiro de 1952. Fundada, dirixida, redactada, editada e distribuída por [[Eduardo Moreiras]], non tivo periodicidade fixa e a difusión realizouna o propio autor a 300 amigos.
 
De edición modesta e coidada, incluíu poemas en galego, castelán, francés, inglés e portugués.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Alonso Montero|nome=Xesús|data=1992|título=A fermosa empresa de "Mensajes de poesía": Homenaxe a Eduardo Moreiras. Nordés|PMC=|revista=Nordés|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=139-140|número=17-18}}</ref> Entre os seus colaboradores figuraban [[Vicente Aleixandre]], impulsor da revista, [[Luis Cernuda]], [[Blas de Otero]], [[Rafael Alberti]] ou [[Juan Ramón Jiménez]], e os autores galegos [[Álvaro Cunqueiro]], [[Luz Pozo Garza]], [[Luis Pimentel]], e de xeito ocasional, [[Ricardo Carballo Calero]], [[Ánxel Fole]] ou [[Celso Emilio Ferreiro]]. A revista publicou catro monográficos, dedicados a [[Rafael Morales]], Álvaro Cunqueiro, [[Carmen Conde]] e Blas de Otero; este último provocou problemas coa censura e o seu peche definitivo.
 
=== Historia ===
''Mensajes de Poesíapoesía'' é unha antoloxía de cartas con poemas impresos que remesaba a trescentos amigos cada mes. Levaba por subtítulo «Revista de poesía» e non tiña licitación para a venda en librerías nin consta rexistro dela.
 
Tratábase dunha mensaxe privada cuxa condición periférica explica que ninguén se ocupara desta antoloxía, exceptuando as liñas de Fanny Rubio na súa tese doutoral ''Las Revistas Poéticas Españolas''.
Liña 26:
 
Compútanse ata catro números monográficos, adicados a Carmen Conde, Rafael Morales, Álvaro Cunqueiro e Blas de Otero, compilados en 1952 nun só cartapacio. Cada cartapacio ía precedido dunha biografía breve e unha autopoética; o de Carmen Conde contiña ademais unha gran cantidade de textos en verso e en prosa sobre a poestisa, asinados por Ramón Otero Pedrayo, Vicente Alexandre, Leopoldo de Luis, [[Gerardo Diego]], Ángela Figuera, José Luis Cano, Blas de Otero, Eduardo Moreiras, Luis Pimentel e Celso Emilio Ferreiro, e estaba ilustrado cun retrato seu realizado por José Antonio Molina Sánchez (tamén o de Cunqueiro presentaba un retrato, feito por Laxeiro, e máis un autorretrato). Quedaron inéditos os exemplares centrados en [[Pura Vázquez]] e en Luz Pozo Garza.
 
== Notas ==
 
==== Referencias ====
<references />
 
== Véxase tamén ==