Fausto (Goethe): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
algo máis desde a wiki .es
Liña 24:
}}
'''''Fausto''''' (en [[Lingua alemá|alemán]], ''Faust'') é un poema dramático de [[Johann Wolfgang von Goethe]], publicado por primeira vez en dúas partes: en [[1808]] a primeira parte, ''Faust: der Tragödie erster Teil'' (''Fausto: Primeira parte da traxedia'') e en [[1832]] a segunda parte ''Faust: der Tragödie zweiter Teil'' (''Fausto: Segunda parte da traxedia''). Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea.
 
Goethe terminou de escribir a ''Segunda parte de Fausto'' en [[1832]], o ano da súa morte. A diferenza da ''Primeira parte'', o foco da acción xa non está centrado na alma de Fausto, que foi [[Pacto co diaño|vendida ao diaño]], senón máis ben en fenómenos sociais como a [[psicoloxía]], a historia e a política. A segunda parte constituíu a principal ocupación de Goethe nos seus últimos anos e apareceu só póstumamente en [[1832]].
 
En 2016 existían dúas traducións ao galego. Unha delas a de [[Lois Tobío Fernández|Lois Tobío]]<ref>[http://tradutoresgalegos.com/pdf/fausto.pdf Fausto], pdf da obra en galego.</ref>, distinguida co [[premio Plácido Castro]] de tradución<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2002/01/26/0003_931618.htm ''O Plácido Castro premia dúas obras de traducción''], nova en ''La Voz de Galicia'' o 26 de xaneiro de 2002.</ref>.