Río Sardiñeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 26:
En canto á flora asociada ao río, predominan os [[carballo]]s, [[castiñeiro]]s, [[salgueiro]]s e [[amieiro]]s; un tanto alonxados, nas partes altas das ladeiras, áchanse tamén [[piñeiro]]s. Preto da ribeira encóntranse tamén, en parte debido ao abandono das terras, e en grande cantidade, arbustos tales como o [[Ulex|toxo]] o a [[Uz galaico asturiana|uz]].
 
A fauna está representada principalmente pola [[troita]] común (''Salmo trutta'') e a [[Chondrostoma polylepis|boga]] de río (''Chondrostoma polylepis''). Ligada tamén ao medio acuático, e de salientar a presenza de lontras (''Lutra lutra'').
 
Respecto ás aves pódense observar [[azor]]es (''Accipiter gentilis''), [[aguioncho]]s (''Circus cyaneus'') e [[aguioncho cincento|aguionchos cincentos]] (''Circus pygargus'').