Joan Jett: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: es:Joan Jett
produxo > produciu
Liña 10:
Mentres que The Runaways eran moi populares en [[Europa]], [[Xapón]], [[Australia]], [[Canadá]] e tamén en Sudamérica, eles non tiveron o mesmo éxito nos [[Estados Unidos]]. Parte diso debeuse a que este país, e a súa prensa musical especialmente, non estaba acostumada a que unha banda de mulleres adolescentes fixese música en serio. [[The Runaways]] separouse en [[1979]].
 
Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena [[punk rock]], produxoproduciu o único album de [[The Germs]]. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do ''Never Mind The Bollocks'' dos [[Sex Pistols]].
 
Na primavera de [[1979]], Joan foi a [[Inglaterra]] para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-[[Sex Pistols]] Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión temprana de "I Love Rock N' Roll"). De volta a [[Los Angeles]], Joan comezou a rodar unha película baseada en [[The Runaways]] chamada ''We're All Crazee Now!''. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.