Emérito, emérita: Diferenzas entre revisións

distinción honorífica destinada ao profesorado xubilado que segue en activo
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. da wiki en castelán, e das referencias,
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de maio de 2018 ás 21:26

Un emérito', adxectivo tirado do latín ēmeritus, -a, -um, participio do verbo ēmereo, 'merecer', e tamén 'acabar o servixo militar', derivado de ex, 'por', e meritus, 'mérito': 'por mérito', 'debido ao mérito',[1] é aquela persoa que, despois de retirarse do cargo que ocupaba, goza de beneficios derivados dunha profesión, especialmente docente universitaria ou eclesiástica, se lle concede este título como recoñecemento aos seus bos servizos na mesma; beneficios que poden ser de diversa natureza segundo o rango e a institución de que se trate. Utilízase o termino tamén para directores de orquestra que serviron superlativamente é entidade que lles outorga o título. Polo xeral, concédese ao emérito a potestade de participar activamente nas tarefas que lle eran propias antes do seu retiro, previa consulta ao encargado do mesmo, dáselles voz en asembleas e reunións e pode asistir a outras en calidade de invitado de honor.[2]

James Cronin. profesor emérito da Universidade de Chicago.

Na Roma antiga chamaban ēmeritus (eméritos) aos lexionarios licenciados que gozaban de privilexios como recompensa recibida polos seus bos servizos.[3]

Na universidade

Nas Universidades españolas o nomeamento de profesores eméritos está regulado polo Real Decreto 898/1985,[4] de 30 de abril, sobre o réxime do profesorado universitario. Nel estabélecese que o profesorado emérito:

  1. Será contratado polo Consello de Goberno de cada Universidade de entre profesores xubilados pertencentes aos corpos docentes universitarios e que prestaran servizos destacados á Universidade durante un periodo mínimo de dez anos.
  2. Estará representado xunto con outros colaboradores e asociados:
    1. No Claustro da Universidade
    2. No Consello de Goberno
    3. No eleitorado do reitor.
  3. No seu contrato especificaranse as súas obrigas académicas, que sempre serán a tempo parcial e por espazo de dous anos, podendo renovarse despois.

Noutros países

Noutros países as condicións para o nomeamento de profesores eméritos non difiren demasiado, sendo o período de dez anos de docencia unha constante. Tamén existe a posibilidade, estendida no mundo anglosaxón, de outorgar o título automaticamente cando se cumpran os prazos requiridos e sen entrar a valorar, por exemplo, se as publicacións científicas son de maior ou menor importancia.[Cómpre referencia]

No caso da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) requírese un período mínimo de trinta anos prestando servizos destacados ála Universidade. O nomeamiento outórgao o Consello Universitario a profesores e investigadores cunha labor excepcional á Universidade.[5]

Na Igrexa

Nas congregacións cristiás que posúen eses postos, contémplase a transferencia dun papa, arcebispo ou bispo ao estado de emeritado, polo cual se lle rescinden todas as súas responsabilidades pastorais, pero pode seguir celebrando misae predicando, na medida en que se lllo permitan as súas forzas, pois polo xeral trátase de persoas de avanzada idade.

Na Igrexa católica, os arcebispos e bispos eméritos pasan a selo cando renuncian ao seu cargo ante o Metropolitano, ou directamente ao Sumo Pontífice, deixando así as sús responsabilidades diocesanas, auxiliares ou calesquera outra que tiveran. Cando alcanzan a idade de 75 anos, a súa renuncia é obrigatoria segundo prescribe o Dereito Canónico.

Os arcebispos e bispos eméritos non forman parte da Conferencia episcopal do seu país; pero si poden ser chamados consultivamente pola súa experiencia e venerabilidade. Si seguen pertencendo ao Colexio episcopal. Nalgúnos casos, cando o Episcopado se encontra en Visita Ad Limina, un ou varios bispos eméritos representan á Conferencia episcopal en ausencia dos bispos que exercen ditos cargos dentro deste organismo.

Na antiga Roma

Na Roma antiga denominaban ēmeritus (eméritos),[6] aos lexionarios licenciados que gozaban de privilexios en recompensa polos seus bos servizos prestados. Usualmente, á parte do botín que puideran podido acumular nas diversas campañas, o xeneral de turno outorgaba aos seus soldados predilectos grandes concesións de terreos expropiados nos países conquistados, co que se fundaban verdadeiras urbes co licenzamento dos soldados tras o fin de campañas importantes.

Un exemplo deste tipo de fundación preséntao a actual Mérida, capital de Extremadura, España, que levou o nombre de Emerita Augusta cando se creou no ano 25 a. C. Para o asentamento da nova poboación, se lles deu a cidadanía romana aos habitantes das xentes que vivían previamente no lugar. Así, o emperador César Augusto premiou con esta nova cidade aos seus homes ao finalizar as cruentas guerras cántabras, creando unha próspera cidade na Bética —entón englobada na Hispania Ulterior— que máis tarde se convertería na capital da provincia de Lusitania.

Dous casos contemporáneos excepcionais

Renuncia de Benedito XVI

Ficheiro:Papa emeritus Benedetto XVI (2015).jpg
O papa emérito Benedito XVI.

O 11 de febreiro de 2013 o papa Benedito XVI anunciou por sorpresa a súa renuncia ao cargo, alegando «falta de forzas». O anuncio realizouno en latín durante o consistorio de canonización dos mártires de Otranto. Segundo as súas palabras:

Cheguei á certeza de que as miñas forzas, debido a miña avanzada idade, non se adecuan por máis tempo ao exercicio do ministerio petrino. Con total liberdade declaro que renuncio ao ministerio de bispo de Roma e sucesor de Pedro.

A renuncia do papa Benedito debe considerarse excepcional, dado que foi a primeira desde a Idade Media, concretamente o ano 1415 —con Gregorio XII, obrigado a renunciar no Concilio de Constanza para dar fin ao Cisma de Occidente—, e a primeira por vontade propia desde 1294 (con Celestino V, que renunciou para facerse ermitán). No momento de anunciar a súa renuncia, o papa Benedito XVI tiña 85 anos, e llevaba case oito de pontificado.[7]

Dita renuncia fíxose efectiva o 28 de febreiro ás 20:00 horas, hora de Italia, a partir da cal a sede papal quedou vacante, dando comezo ao proceso de celebración dun cónclave, que elixiu a un novo papa, Francisco. Benedicto XVI abandoou a Cidade do Vaticano en helicóptero para dirixirse a Castel Gandolfo. Chegado á que sería a súa nova residencia nos dous primeiros meses tras a sú renuncia, compareceu no balcón do Palacio Apostólico, onde dirixiu as súas últimas palabras como papa á xnte congregada na praza:

Grazas, grazas de corazón. Grazas pola vosa amizade e o vostro afecto (...). Non soi máis o Sumo Pontífice da Igrexa. A partir das 20:00 horas, serei simplemente un peregrino que continúa a súa peregrinaxe sobre a Terra e enfronta a etapa final. (...) Grazas e boa noite.

Seguidamente, deu a bendición e retirouse.[8] Ás 20:00 horas, a Garda suíza que custodiaba o portón do palacio foi relevada, á vez que se perchaban os postigos, simbolizando deste modo o fin do pontificado.

Durante o tempo de sede vacante, a até o 2 de maio de 2013, Benedito XVI residiu en Castel Gandolfo; logo, ese mesmo 2 de maio, trasladouse ao Mosteiro Mater Ecclesiae, que se encontra dentro dos muros do Vaticano.[9] Alí vive dedicado á oración e ás súas afeccións, xunto co seu secretario privado Georg Ganswein, catro laicas consagradas da comunidade Memores Domini (que o axudarán co labores domésticos) e un diácono belga. Ademais hai disponíbel un cuarto para que se aloxe seu irmán, Georg Ratzinger, cuando o visite.[10] Deste modo Benedito vive cerca do seu sucesor, o papa Francisco, na propia Cidade do Vaticano, sendo isto un acontecemento único e histórico dentro da Igrexa Católica.[11] O até entón papa manten o seu nome, Benedito XVI,[12] e desde a súa renuncia ostenta o título de papa emérito ou pontífice emérito,[13] así como bispo emérito de Roma, co tratamento de Súa Santidade.[14]

 
O rei Juan Carlos I asinando a súa abdicación.

Abdicación de Juan Carlos I

Coa abdicación da Súa Maxestade El-Rey Don Juan Carlos I de España,[15] deuse unha situación puoco común, como é a convivencia de dous monarcas, e non prevista na Constitución de 1978, xa que nela só se indica que para que se dea este caso requírese un desenvolvemento lexislativo mediante Lei Orgánica. Ante esta situación, o Goberno de Mariano Rajoy emitiu un Real Decreto,[16] polo cal, o Rey e a Raíña saíntes, Don Juan Carlos e Dona Sofía conservarían os títulos de Rei e Raíña respectivamente, cos mesmos honores que ten o herdeiro da Coroa, o Príncipe ou a Princesa de Asturias, actualmente Leonor de Borbón.

Debido a que as Súas Maxestades os Reis saíntes conservan moitos dos privilexios que tiñan como Reis reinantes e, para distinguilos nos medios de comunicación dos Reis titulares da Corona, engádese a continuación do seu título o adxectivo emérito.

Notas

  1. emeritus no Online Etymology Dictionary.
  2. emérito, 1ª acep., no Dicionario da RAG.
  3. emérito, 1ª acep., no Dicionario da RAG.
  4. Real Decreto 898/1985 sobre régimen universitario.
  5. Véxase: Compendio de legislación universitaria - reglamento del reconocimiento al mérito universitario.
  6. Neste caso substantivo, ēmeritus, -us, derivado do adxectivo anteriormente citado.
  7. "El papa Benedicto XVI renunciará al pontificado el 28 de febrero "por falta de fuerzas"". Consultado o 11 de maio de 2018. 
  8. Benedicto XVI ya es Papa emérito: 'Seré simplemente un peregrino' Diario El Mundo, 28/02/2013.
  9. Zenit. "Benedicto XVI regresó a El Vaticano". Consultado o 11 de maio de 2018. 
  10. El Papa Francisco recibe a Benedicto XVI en su regreso al Vaticano Informador.
  11. "Histórico e insólito: dos papas en el Vaticano". 
  12. "Mantendrá nombre de Benedicto XVI". Consultado o 11 de maio de 2018. 
  13. "Benedicto XVI será Papa emérito". VIS (News.va). 26 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  14. "Papa Benedicto XVI se convertirá en Obispo Emérito". Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  15. BOE: Ley Orgánica 3/2014, de 18 de junio, por la que se hace efectiva la abdicación de Su Majestad el Rey Don Juan Carlos I de Borbón.
  16. Real Decreto 470/2014, de 13 de junio, por el que se modifica el Real Decreto 1368/1987, de 6 de noviembre, sobre régimen de títulos, tratamientos y honores de la Familia Real y de los Regentes.

Véxase tamén

Ligazóns externas