Maragota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 19:
 
== En Galicia ==
O máis corrente é '''maragota''' compartido co portugués, e que esporadicamente pode aplicarse a outros lábridos, aínda que en xeral con determinante diferenciador. Outros son: ''bicuda'' (dito máis da pequena), ''botúa'', ''ferrola'', ''martela'' (a pequena), ''pinto'' e ''vello'' (cfr. francés ''vieille''). ''Bodión'' ou ''budión'' é tamén sinónimo nalgún porto, pero que se aplica de xeito máis xeral a outro lábrido, o ''Labrus merula''; é tamén vocábulo galego-portugués.
 
A designación ''maragota'' é en galego un empréstimo do castelán ou portugués. O étimo non está claro.<ref>Ríos Panisse e Santamarina, Antón, ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces''. Santiago. 1977, páxs. 329-330.</ref>