Comunidade científica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Arranxos varios using AWB
Liña 10:
Histórica e actualmente os científicos usaron variados métodos para determinar quen pertence ou non á comunidade científica, o cal xeralmente se require para determinar que campos de investigación poden ser marcados como "ciencia". Algúns campos de coñecemento que aparentan ser científicos son xulgados como fóra das normas da comunidade científica, e por iso son marcados como "[[pseudociencia]]".
 
O [[método científico]] implicitamente require a existencia da comunidade científica, onde se levan a cabo os imprescindíbeis procesos de revisión por pares e [[reproducibilidade]]. A posición de [[David Hume|Hume]] (''o [[criterio da verdade]]'') fronte a [[Kant]] sentara as bases para formulacións loxicistas, historicistas, estruturalistas, entre outros, no interior da [[filosofía da ciencia]].
 
[[Karl Popper]] propuxo substituír o problema da [[verificación]] polo da [[falsación]]. Para el, unha [[teoría]] é científica se pode ser sometida a unha contrastación falsadora, que é refutábel aínda que fora falsada.<ref>Popper, K. ''La Lógica de la investigación científica''. Madrid: Tecnos. 1982</ref>