Corazón Aquino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
'''María Corazón Sumulong Cojuangco-Aquino''', política, foi a presidente de [[Filipinas]] entre [[1986]] e [[1992]], despois da caída do ditador [[Ferdinand Marcos]].
Foi unha das primeiras mulleres de Asia en ocupar a máxima representación do seu Estado ou goberno, logo de [[Golda Meir]] e [[Indira Gandhi]]. Casada co popular senador da oposición [[Benigno Aquino|Ninoy Aquino]], cando este foi asasinado no daquela chamado [[Aeroporto Ninoy Aquino|Aeroporto Internacional de Manila]] ó regresar do exilio o [[21 de agosto]] de [[1983]], "Cory" converteuse no núcleo da oposición no goberno [[autocracia|autocrático]] do Presidente [[Ferdinand Marcos]].
 
== Traxectoria ==
Corazón Cojuañgco naceu en [[Manila]] nunha das familias máis adiñeiradas en Filipinas, os poderosos Cojuañgcos da [[provincia de Tarlac]]. A familia da súa nai, os Sumulongs, tamén pertencían a unha familia política da [[provincia de Rizal]].
 
Medrou dentro dunha familia privilexiada, sendo enviada ó estranxeiro para estudar na [[Ravenhill Academy]] de [[Filadelfia]], no [[Notre Dame Convent School]] de [[Nova York]] e no [[College of Mount Saint Vincent]], tamén de Nova York. Estudou matemáticas e graduouse cun título en [[lingua francesa|francés]] en [[1953]].
 
Regresou a Filipinas para estudar Dereito na Far Eastern University, pero en [[1955]] casou con [[Benigno Aquino]], que acababa de ser elixido alcalde de [[Concepción, Tarlac|Concepción]] na provincia de [[Tarlac]] á idade de 22 anos. Tiveron cinco fillos: un fillo, [[Benigno Aquino III|Benigno III]] (posteriormente elixido Presidente de Filipinas), e catro fillas, Maria Elena, Aurora Corazón, Victoria Eliza e Kristina Bernadette. [[Benigno Aquino]] foi elixido gobernador e senador, pero foi arrestado, sentenciado a morte e exiliado polo réxime de Marcos. Corazón acompañouno no exilio en [[1980]]. Benigno foi asasinado o [[21 de agosto]] de [[1983]] á súa chegada dende un exilio de 3 anos nos [[Estados Unidos]] no mesmo asfalto do [[Aeroporto Ninoy Aquino|Aeroporto Internacional de Manila]], que foi posteriormente renomeado na súa honra. Trala súa morte, ela entrou en política como xefa da coalición [[Laban (partido)|Laban]].
 
Foi tamén a primeira filipina nomeada para o [[Premio Nobel da Paz]] despois de liderar a revolución pacífica EDSA durante a época de Marcos.
 
{{Gobernante|
Liña 56 ⟶ 65:
[[Categoría:Finados en 2009]]
[[Categoría:Finados por cancro colorrectal]]
 
{{Curto de máis|data=abril de 2018}}