Linguas austroasiáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
As '''linguas austroasiáticas'''<ref>[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=7380&opcion=entrada&entrada=austroasi&aacute;tico%20-ca Entrada austroasiático en Digalego]</ref> son unha ampla [[familia de linguas]] do [[Asia|sueste asiático]] e da [[India]]. O nome provén da palabra [[Lingua grega|grega]] que significa "sur de [[Asia]]".
 
Estas linguas están distribuídas por rexións onde tamén se falan linguas doutras familias. Está bastante estendida a crenza de que as linguas austroasiáticas son as linguas autóctonas do [[sueste asiático]] así como do leste da India, e que as outras linguas da rexión, incluso as [[Linguas indoeuropeas|indoeuropeas]], as [[Linguas tai-kadai|tai-kadai]], e as [[linguas sino-tibetanas]], chegaron alí como resultado de movementos poboacionais posteriores. Algúns lingüistas, seguindo as formulacións de Schmidt (1906), suxiren que as linguas austroasiáticas poden estar emparentadas coas [[Linguas austronesias|austronesias]], formando así a suposta superfamilia áustrica, porén, esta formulación non goza de consenso.
 
Os lingüistas distinguen entre dúas grandes divisións de linguas austroasiáticas, as mon-khmer, tamén chamadas mon-camboxanas do sueste asiático e as linguas munda do centro e do leste central da India.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}