Percepción da cor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Cone-fundamentals-with-srgb-spectrum.svg|dereita|miniatura|287x287px| Espectros de resposta normalizada dos conos humanos, S, M, L e tipo, os estímulos monocromáticos do espectro, con lonxitude de onda dada en nanómetros.]]
A '''percepción da cor''' é un fenómeno que se produce no fondo do [[ollo]], onde existen millóns de células especializadas en detectar as lonxitudes de onda procedentes da nosa contorna. Estas [[Célula|células]], principalmente os '''[[Cono (célula)|conos]]''' e os '''[[Bastón (célula)|bastóns]]''', recollen os diferentes elementos do [[Espectro electromagnético|espectro de luz solar]] e transfórmanas en [[Impulso nervioso|impulsos eléctricos]], que son enviados logo ó cerebro a través dos [[Nervio óptico|nervios ópticos.]] É o cerebro (concretamente a cortiza visual, que se atopa no [[Lobo occipital|lóbulo occipital]]) o encargado de facer consciente esta percepción.
 
Os conos concéntranse nunha rexión próxima ó centro da [[retina]] chamada [[Fóvea|fóvea.]] A súa distribución segue un ángulo de ó redor de 2°, medidos dende a fóvea. A cantidade de conos é de 6 millóns e algúns deles teñen unha terminación nerviosa que se dirixe cara ó cerebro.