Diferenzas entre revisións de «Partido Republicano Democrático Federal»

m
ligazóns internas
m (→‎top: Arranxos varios)
m (ligazóns internas)
A súa representación parlamentaria foi de 85 deputados nas [[Cortes]] nas [[Eleccións Xerais 1869 en España|eleccións de 1869]], 52 en [[1871]], 52 en abril do [[1872]] e 77 en agosto do [[1872]].
 
Contaba con numerosos publicacións afíns como os diarios ''[[El Federalista]]'', ''[[El Estado Catalán]]'' e ''La Alianza de los Pueblos'' de [[Barcelona]], ''El Ampurdanés'' de [[Figueras (Gerona)|Figueras]], ''El Iris del Pueblo'' de [[Palma]], ''La Igualdad'', ''La Discusión'' ou ''El Pueblo Español'' de [[Madrid]].
 
==Constitución do partido==
A inclusión dunha minoría intransixente, formada por Estévanez e Contreras, non impediu a constitución dun Consello Provisional da Federación Española (outubro de [[1872]]) que, apoiándose nos feitos do [[Ferrol]], intentou dirixir unha nova insurrección xeneralizada en novembro de 1872. A proclamación da [[Primeira República Española]], paradoxalmente, favoreceu o agravamento da división do partido. Os representantes parlamentarios apoiaron a política ''legalista'' de Pi i Margall, consistente en esperar a elección dunhas Cortes constituíntes para proclamar a república federal e elaborar unha constitución propia. Os intransixentes das "provincias", en especial [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]] e [[Andalucía]], pretendían a inmediata implantación das reformas administrativas e políticas prometidas e actuaron con independencia do directorio de Madrid ou do goberno da República.
 
A súa forza mostrouse moi limitada cando se celebraron as eleccións xerais en maio do [[1873]]. Configurouse unha nova tendencia de centro, formada por [[Nicolás Estévanez]], [[Eduardo Benot]], [[Francisco Díaz Quintero]] e [[José María de Orense]] que, xunto co sector de dereita, dirixido por [[Emilio Castelar]] e [[Nicolás Salmerón]], predominou nas novas Cortes e constituíu o principal apoio de Pi i Margall os meses de xuño e xullo.
 
O [[cantonalismo]] xurdiu con forza, independentemente do Comité de Salvación Pública creado o [[10 de xullo]] polos intransixentes de Madrid; á parte de forzar a saída do poder de Pi i Margall, favoreceu o dominio da dereita e desorganizou o centro. O peso dos feitos en Cataluña foi determinante. A forza dos intransixentes foi limitada polo avance continuado dos [[carlismo|carlistas]] coas vitorias de [[Francesc Savalls]] en [[Berga]] o [[28 de marzo]] e en [[Alpens]] o [[11 de xullo]], que supuxo un freo ás deputacións de [[Tarragona]], [[Xirona]] e [[Lleida]], pouco propensas a seguir aos intransixentes da [[deputación]] de [[Barcelona]] nos seus intentos de Proclamación do Estado Catalán (12 de febreiro, 21 de febreiro, 9-11 de marzo, 19-26 de xullo). Membros con moito prestixio, como [[Baldomer Lostau i Prats]], [[Anselmo Cravei]], [[Sunyer i Capdevila]], [[Gonçal Serraclara i Custa]] ou Rubau Donadeu, pasaron a posicións máis centristas. O perigo carlista provocou á vez a formación da Xunta de Salvación e Defensa de Cataluña e dificultou a participación no cantonalismo.
 
==Reorganización do partido==
Coa [[Restauración borbónica en España|Restauración borbónica]] de [[1874]] o partido quedou desorganizado e falto de liderado. Ata o ano [[1880]] non empeza a reorganizarse, grazas ao ascenso ao poder de [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Pero unha gran parte dos líderes coñecidos (Tomàs i Salvany, Pascual i Cases, Rubau Donadeu, Coromines, en Cataluña; [[Joaquim Fiol]] nas [[Illas Baleares]]) aliñáronse con [[Emilio Castelar]] e fracasaron os intentos de achegamento entre Figueras e Pi i Margall, á vez que [[ValentínValentí Almirall i Llozer|Valentí Almirall]] deixaba o partido en [[1881]]. Aínda así, contaba con [[Josep Maria Vallès i Ribot]], cabeza federal en Cataluña, o mallorquino [[Antoni Villalonga]] e outros. Na Asemblea de [[Zaragoza]] de xuño de [[1883]] aprobouse un proxecto de constitución federal e recolleu basicamente as liñas elaboradas polo congreso rexional do partido en Cataluña, celebrado os meses de abril e maio do mesmo ano, que aprobou o proxecto de constitución do Estado Catalán dentro a Federación Española asinado por Sunyer i Capdevila, [[Josep Maria Vallès i Ribot]], [[Baldomer Lostau i Prats|Lostau]] e Tutau.
 
No ano [[1894]] fixouse o seu ideario de xeito claro e concreto coa redacción do ''Programa do Partido Federal'', pero o seu crecemento foi moi escaso. Pi i Margall foi deputado a partir de [[1886]], así como Vallès i Ribot, pero agudizouse o case exclusivo apoio de Cataluña. Ademais, a súa operatividade estaba minguada por unha continuada resistencia aos intentos reunificadores do republicanismo e o mantemento dunha ríxida ortodoxia doutrinal. A finais do [[século XIX]] era unha forza desorganizada, pese ao prestixio de Pi i Margall e o partido en Cataluña coa campaña de oposición á [[Guerra dos Dez Anos|guerra de Cuba]].
 
Mentres en Cataluña o partido topaba cos seguidores de [[ValentínValentí Almirall]] e do [[Centro Nacionalista Republicano]], ao mesmo tempo que á vez Vallès i Ribot empezou a diferenciarse moito da dirección de Pi i Margall co intento de aproximación ao [[catalanismo]] de [[1899]] e, sobre todo, coa firma no ano [[1901]] do ''Manifest d'Uniu Republicana Catalá'' (Manifesto de Unión Republicana Catalá). No [[País Valenciano]] topaba co [[blasquismo]] e nas [[Illas Baleares]] o ''[[Partit d'Uniu Republicana de Mallorca]]'' o illou totalmente.
 
==Desaparición do partido==
15.633

edicións