Alejandro Rodríguez Cadarso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ info desde as referencias achegadas
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Alejandro Rodríguez Cadarso''', nado en [[Noia]] o [[21 de agosto]] de [[1887]] e finado en [[Lubián, Zamora|Lubián]] ([[provincia de Zamora|Zamora]]) o [[15 de decembro]] de [[1933]], foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da [[Universidade de Santiago de Compostela]].
 
== Traxectoria ==
Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor [[Santiago de Compostela|santiagués]] Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés [[Luis Cadarso Rey]], que finou na batalla de [[Cavite]] ([[Filipinas]]) na [[Guerra Hispano-Estadounidense|Guerra hispano-estadounidense]] en [[1898]]. Casou en [[1911]] e tivo numerosa descendencia.
 
[[Ficheiro:Deputados galegos de 1931. Entre outros Suárez Picallo (o primeiro pola esquerda), Rodríguez Cadarso, Castelao, José Sánchez Rojas, Vilar Ponte e Otero Pedrayo.jpg|miniatura|300px|Deputados galegos de 1931. [[Ramón Suárez Picallo]], [[Daniel Vázquez Campo|Daniel Vázquez]], Rodríguez Cadarso, [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Roberto Nóvoa|Nóvoa Santos]], [[Antón Villar Ponte]], [[Joaquín Poza Juncal|Poza Juncal]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Alonso Ríos]].]]
En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da [[Universidade de Sevilla]] e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago<ref>Bugallo, Ánxela ([2012]) [http://culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=255 "Alejandro Rodríguez Cadarso. O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade"] [[CCG]].</ref>. En [[1925]] publicou un estudo sobre a [[arteria carótide]] no ''[[Journal of Anatomy]]''<ref>[http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=1249919 "A Rare Case of Tortuosity of the Internal Carotid Artery"], publicado no ''[[Jornal of Anatomy]]''.</ref>. Fundou o [[Instituto de Estudios Portugueses]] e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o [[4 de novembro]] de [[1929]] e reitor desde o [[29 de marzo]] de [[1930]]<ref>Antón Capelán Rey, ''Contra a Casa da Troia'', 1994, páx. 101</ref>, deputado (1931-1933) pola [[ORGA]], caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización<ref>Baldomero Cores Trasmonte, ''Ciencia e galeguidade na II República'', 1989, páx. 205</ref>, e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o [[Colexio Maior Rodríguez Cadarso|CM Rodríguez Cadarso]]) e o Campus Sur <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/10/08/3094894.shtml "Agrelo calificó a Rodríguez Cadarso de hombre conciliador y luchador"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', [[8 de outubro]] de [[2004]].</ref>.
 
Morreu aos 46 anos, cando preparaba o seu discurso de ingreso na [[Real Academia Galega]], nun accidente de automóbil preto da localidade zamorana de Lubián cando se dirixía a unha conferencia en [[Madrid]], xunto co méidoc e profesor [[Francisco Bacariza Varela]]<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/05/06/span-langgl-barranco-da-morte-rodriguez-cadarsospan/0003_201805S6C11992.htm "O barranco da morte de Rodríguez Cadarso"], artigo de [[Quique Alvarellos]] en ''La Voz de Galicia'', 6 de maio de 2018.</ref>.
 
{{Start box}}
Liña 23 ⟶ 24:
* "Rodríguez Cadarso, Alexandre" en ''[[Diccionario enciclopédico galego universal]]'', t. 53, p.&nbsp;67.
* "Rodríguez Cadarso, Alexandre" en ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', t. 3. p.&nbsp;178.
* [[Manuel R. Bermejo Patiño|R. Bermejo, M.]] (2008): ''Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país''. Universidade de Santiago de Compostela<ref>[https://xornal.usc.es/xornal/publicacions/publicacion_0352.html Publicación] na web da USC.</ref>
 
=== Outros artigos ===
* {{Versaleta|[[Ánxela Bugallo|Bugallo, Á.]]}} [http://culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=255 "O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade"] Álbum da Ciencia, [[CCG]].