Autoidentificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m →‎Definición e características: Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Liña 8:
Definiuno como o [[dereito]] que ten o cidadán galego fronte aos dirixentes da comunidade autónoma e dos estados e organismos internacionais ao ''recoñecemento da personalidade propia de Galicia'' ''segundo os seus sinais de identidade colectiva'' e ao respecto desta mediante unha integración equilibrada na unidade político-administrativa superior.
 
Trataba de realizar e desenvolver o dereito a autonomía recoñecido no artigo 2 da Constitución de 1978, de maneira que Galicia ''non teña que deixar de se-lo que foi, o que é e mailo que quere chegar a ser''. Buscaba o paralelismo na expresión ''Aufhebung'' utilizada por [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] para o proceso de integración dos estados alemáns: unha subsunción que non fose absorción senón que permitise dialécticamente un desenvolvemento pleno aberto á participación activa e creadora en unidades máis amplas: o Estado español ou a Unión Europea<ref>Manuel Fraga Iribarne. ''Da Acción ao Pensamento''. Ir Indo edicións, Vigo 1993, pax. 31 ISBN 84-7680-132-7</ref>.
 
Nese sentido o concepto, ademais dun dereito, tradúcese nun principio informador das políticas públicas para ser deseñado e desenvolvido polo goberno de Galicia.