Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O terremoto: arranxiño
m →‎Implicacións sociais e filosóficas: Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Liña 52:
O concepto do [[sublime]], aínda que existiu antes de 1755, foi desenvolvido en filosofía e elevado a súa máis alta expresión por [[Immanuel Kant]], en parte como resultado dos seus intentos para comprender a enormidade do sismo e do tsunami de Lisboa. Kant publicou tres textos separados sobre o terremoto de Lisboa. O mozo Kant, fascinado co terremoto, recolleu toda a información dispoñible en gacetiñas de noticias, e usouna para formular unha teoría sobre as causas dos terremotos. A súa teoría, que implicaba cambiar de sitio enormes cavernas subterráneas cheas de gases quentes, foi (aínda que erróneo en última instancia) unha das primeiras tentativas sistemáticas modernas para explicar os terremotos mediante causas naturais, antes que sobrenaturais. Segundo [[Walter Benjamin]], o delgado libro elaborado por un mozo Kant sobre o terremoto "representa probablemente o principio da xeografía científica en Alemaña. E certamente o comezo da sismoloxía."
 
Por outra banda, [[Werner Hamacher]] (un pensador [[posmodernidade|posmoderno]], entusiasta de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], e como tal cunha postura anti-Ilustración e anti-modernidade) afirmou que as consecuencias do terremoto penetraron no vocabulario da filosofía, facendo inestable e incerta a común metáfora que establecía firmes bases sobre a terra nas discusións dos filósofos: "baixo a impresión exercida polo terremoto de Lisboa, que tocou a mentalidade europea nunha das súas épocas máis delicadas, a metáfora do chan e o tremor perdeu totalmente a súa aparente inocencia; xa non se usaron máis como figuras do discurso"(263). Hamacher afirma que a certeza fundacional da filosofía de Descartes comezou a convulsionarse como consecuencia do terremoto de Lisboa.
 
== A política portuguesa ==