Aggregat (foguetes): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegue > engalaxe.
Xosema (conversa | contribucións)
m Arranxos menores
Liña 19:
 
=== A4 (foguete V2) ===
O A4 foi un deseño a tamaño real cun alcance duns 175&nbsp;km, unaunha altitude máxima de 80&nbsp;km e unha carga útil de aproximadamente unha [[tonelada]]. As diferentes versións do A4 tiveron as funcións de primeiro mísil balístico, primeiro proxectil en alcanzar o [[espazo exterior]] e foi usado activamente na [[guerra]].<ref>''Peenemuende,'' Walter Dornberger, Moewig, Berlin 1985. ISBN 3-8118-4341-9.</ref>
 
[[Ficheiro:V-2 Bug.jpg|miniatura|esquerda|210px|V2 recuperado do río Bug, cerca de Sarnaki.]]
Este incremento en canto a capacidade tivo lugar a través dun redeseño completo do motor do A3 por parte de [[Walter Thiel]], sendo coñecido como A5. Foi quedando claro que os deseños de von Braun estaban converténdose en armas reais e Dornberg desprazou o equipo desde o polígono de probas de Kummersdorf (cerca de [[Berlín]]) ata unha pequena cidade, Peenemünde, na illa de [[Usedom]], na costa báltica de Alemaña, para proporcionar máis sitio para os probas e para rodealas dun maior secretismo. Esta versión era completamente fiable e cara 1941 o equipo lanzara uns 70 foguetes A5. O primeiro A4 voou en marzo de 1942, alcanzando unha distancia de 1,6&nbsp;km e impactando contra a auga. O segundo lanzamento alcanzou unha altitude de 11&nbsp;km antes de explotar. O terceiro foguete, lanzado o 3 de outubro de 1942, seguiu unha traxectoria perfecta. Aterrou a 193&nbsp;km de distancia e alcanzou unha altura de 80&nbsp;km.
 
A produción do foguete comezou en 1943, coñecido agora como ''Vergeltungswaffe 2'' (Arma de vinganza 2) ou abreviadamente V2, tra-latras a insistencia do ministerio de propaganda de [[Joseph Goebbels]]. Os aliados estaban ó tanto da existencia do arma pola existencia dun sitio de probas en [[Blizna]], [[Polonia]], localizado polo movemento de resistencia polaco ([[Armia Krajowa]]) grazas a informes dos granxeiros locais.
 
A resistencia chegou incluso a conseguir pezas dos foguetes lanzados chegando ó lugar do impacto antes que os alemáns. A principios de marzo de 1944 a intelixencia británica recibiu un informe dun axente da resistencia polaca que observou un vagón de transporte fortemente custodiado por tropas das [[Schutzstaffel|SS]] e que contiña ''un obxecto que, aínda que estaba cuberto cunha lona, semellaba un torpedo monstruoso''.<ref name=McGovern>{{cita libro| autor = McGovern, James| título = Crossbow and Overcast| ano = 1964| publicación = W. Morrow| id = }}</ref> A raíz do informe ideouse un plan para intentar obter un V2 sen lanzar e transportalo a Gran Bretaña. O 20 de maio de 1944 un V2 relativamente intacto caeu nos lamazais do [[río Bug]], cerca do pobo de [[Sarnaki]]. Conseguiuse ocultalo dos alemáns, sendo desmantelado e transportado a través de Polonia na [[operación Most III]] para a súa análise pola intelixencia británica.<ref name=Wojewódzki>{{cita libro| autor = Wojewódzki, Michał| título = Akcja V-1, V-2| ano = 1984| publicación = | id = }}</ref>
Liña 34:
 
=== A4b/A9 ===
Para o caso de que os sitios de lanzamento dos A4 quedaran limitados ó territorio do Reich, von Braun e os seus colegas foron presionados para desenvolver unaunha versión de maior alcance do A4, coñecido alternativamente como A9 e A4b. A razón das dúas denominacións é que a serie A4 recibiu "prioridade nacional" e a designación A4b aseguraba a dispoñibilidade dos escasos recursos.<ref>Neufeld, pp. 63, 93, 250, 283</ref>
 
En xuño de 1939, Kurt Patt, da oficina de deseño de Peenemünde, propuxo [[á]]s para converter a velocidade e altitude do foguete en sustentación e alcance aerodinámicos.<ref>Neufeld, p. 92</ref> A medida que o foguete se atopase con capas máis densas da [[atmosfera]] na súa fase de descenso, propulsaríase e comezaría a planear suavemente, cambiando velocidade por distancia. Patt tamén propuxo o ''Flossengeschoss'' ou "proxectil aleta". Ambos conceptos foron usados por [[Walter Dornberger]] na elaboración dunha presentación para [[Hitler]] o 31 de xullo de 1940, denominándoo "foguete América".<ref>Neufeld, pp. 138 & 283</ref>
Liña 50:
=== A6 ===
A6 foi a designación coa que foi coñecida unha variante do A5 que usaba propelentes diferentes ós orixinais.
Algunhas fontes indican que tamén foi o nome aplicado a unha proposta especulativa para unha versión tripulada de recoñecemento do A4b alado. Este A6 foi inicialmente proposto ó Ministerio do Aire Alemán como unha nave de recoñecemento imposible de interceptar. Sería lanzado verticalmente como un foguete, alcanzando un [[apoxeo]] de 95&nbsp;km. Tras reentrar na atmosfera, chegaría á fase de planeo supersónico co acendido do seu motor [[ramjet]]. Esperábase ter entre 15 e 20 minutos de etapa de cruceiro a 2900&nbsp;km/h, permitindo á aeronave regresar e aterrar como un avión normal, freado cun paracaídas. Con todo, o Ministerio do Aire non tiña necesidade de tal aeronave e a proposta foi rexeitada. Conceptos parecidos (pero non tripulados) foron levados a cabo tra-ladespois da guerra na forma do mísil [[SM-64 Navaho]] estadounidense e do [[Burya]] soviético, ambos mísiles intercontinentais con propulsión ramjet.<ref>{{Cita web|url= http://www.astronautix.com/lvs/a6.htm|título= A6|dataacceso= 12 de xuño de 2011|autor= Mark Wade|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2011|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
 
=== A7 ===
Liña 56:
 
=== A8 ===
O A8 foi unha proposta de A4 ensanchado para uso con propelentes almacenables (máis que nada [[ácido nítrico]] e [[queroseno]]). O deseño nunca alcanzou a etapa de prototipo, pero o deseño foi desenvolto tra-latras a guerra por un equipo alemán de foguetes en [[Francia]] como parte do proxecto do "Súper V2". O proxecto foi cancelado no seu momento, pero desembocou nos proxectos dos foguetes franceses [[Véronique]] e [[Diamant]].<ref name=juergen/><ref>Reuter, p. 179</ref>
 
=== A9/A10 ===