Cerco de Xerusalén do ano 70: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado información dos homónimos en castelán e inglés
Liña 37:
 
O cerco rematou o [[30 de agosto]] do [[70]]<ref>Matthew Bunson [https://books.google.co.uk/books?id=HsrGEFpW80UC&pg=PA212 A Dictionary of the Roman Empire p.212]</ref> coa queima e destrución do [[Templo de Xerusalén#O Segundo Templo|Segundo Templo de Xerusalén]] e o saco dos romanos da cidade baixa. A destrución do templo aínda se recorda anualmente no [[Tisha B'Av]] xudeu. O [[Arco de Tito]], celebrando o saco de Xerusalén e do Templo, aínda permanece en pé sobre [[Roma]]. A conquista da cidade completouse o [[8 de setembro]] do ano [[70]].
 
== Cerco ==
Malia que durante a [[primeira guerra xudeu-romana]], os [[celote]]s tiveron éxitos iniciais en repeler os asedios romanos e expulsar a gran número de [[lexionario]]s fose de [[Xudea]]; pero, a falta dun bo liderado, empezaron a pelexar entre eles. Ademais, aínda que eran hábiles en tácticas de guerrillas e emboscadas contra as lexións romanas, careceron de disciplina, formación e preparación para as batallas.
 
[[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] comezou o seu asedio poucos días antes da [[Pascua xudía]],{{sfn|Schäfer|2003|p=129-130}} xunto con tres [[Lexión romana|lexións]]: [[Legio V Macedonica|V ''Macedonica'']], [[Legio XII Fulminata|XII ''Fulminata'']] e [[Legio XV Apollinaris|XV ''Apollinaris'']]{{sfn|Sheppard|1999|}}, rodearon a cidade polo lado occidental e unha cuarta lexión ([[Legio X Fretensis|X ''Fretensis'']]) fixo o propio polo [[Monte dos Olivos]] no leste.{{sfn|Levick|1999|p=116-119}} Logrou exercer gran presión sobre a subministración de [[alimento]]s e [[auga]] dos habitantes da cidade,{{sfn|Ben-Yehuda|2010|p=91}} ao permitir aos peregrinos ingresar na cidade para celebrar [[Pascua xudía|pascua]] e, logo, negarlles a saída.{{sfn|Colautti|2002|p=115-131}} Despois de que varias incursións xudías matasen a algúns soldados romanos, Tito enviou a [[Flavio Xosefo]], o historiador xudeu, a negociar cos defensores; isto terminou cos xudeus ferindo ao negociador cunha frecha e outra incursión lanzada pouco despois. Tito tamén foi capturado durante este ataque repentino, pero logrou escapar.
 
A mediados de maio, Tito ordenou destruír a recentemente construída Terceira Muralla cun ariete, o cal abriu unha brecha nela e na Segunda Muralla. Logo, virou a súa atención á [[Fortaleza Antonia]], situada xusto ao norte do [[Monte do Templo]]. Os defensores xudeus dividíronse entón en dúas faccións: o grupo de [[Xoán de Gischala]] asasinou a outro líder das faccións, [[Eleazar ben Simón]], e os seus homes se atrincheiraron nos patios do templo.{{sfn|Schäfer|2003|p=129-130}} A inimizade entre Xoán de Gischala e [[Simón bar Giora]] quedou esquecida só cando os romanos comezaron a construír ramplas para acceder ao interior do recinto. Os romanos foron entón arrastrados á rúa na loita contra os celotes, pero ordenóuselles retirarse ao templo para evitar grandes perdas. Flavio Xosefo fracasou noutro intento de negociar e os ataques xudeus impediron a construción de torres de asedio na Fortaleza Antonia. Os alimentos, a auga e outras provisións foron minguando ao interior de Xerusalén, pero conseguiuse introducir ás furtadelas devanditos recursos da cidade, burlando ás forzas romanas no proceso. Para poñer fin a esta situación, emitíronse ordes para construír un novo muro e tamén se reiniciou a construción da torre de asedio.
 
[[Ficheiro:Catapulta by Edward Poynter.jpg|miniatura|esquerda|''[[Catapulta]]'', por [[Edward Poynter]] (1868). Maquinaria de asedio como esta foi empregada polos romanos durante o asedio.]]
 
== Notas ==