Friedrich Schelling: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiros escritos: Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Liña 18:
No ano 1793 escribiu un segundo traballo ''Sobre mitos, lendas históricas e filosofemas do mundo máis antigo'' sobre os mitos onde intenta buscar a súa esencia e función dentro da cultura primitiva.
 
Máis tarde, unha breve estancia en [[Dresde]] e [[Leipzig]] introdúceo no círculo do primeiro romanticismo e experimenta un sentimento romántico cara a natureza. Este mesmo ano, toma a decisión de deixar o seminario ao igual que [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] e [[Hölderlin]]. No ano 1795 publica ''Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen'' (Do Eu como principio da filosofía ou sobre o incondicionado no saber humano) onde aborda a busca dun primeiro principio incondicionado do saber humano que atopará no "Eu absoluto". En 1795 tamén publicou ''Cartas filosóficas sobre dogmatismo e criticismo''.
 
== Etapas da súa filosofía ==