Niklas Luhmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Ós 18 anos, formou parte da [[Luftwaffe (Wehrmacht)|Luftwaffe]] durante a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], e foi detido polos [[Aliados da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial|aliados]]. Recobrada a súa liberdade, comezou a estudar dereito en [[Friburgo, Alemaña|Friburgo]], acabando no 1949. Exerceu como funcionario dende 1954; viaxou ós Estados Unidos en 1961 e comezou a estudar [[socioloxía]] como alumno de [[Talcott Parsons]] en [[Boston]], na [[Universidade Harvard]]. Parsons, quen exerceu unha grande influencia na súa forma de pensar, era nese momento a máis influente figura do pensamento sociolóxico en Occidente. Logo da súa estancia en Harvard, Luhmann publica en 1964 a primeira obra dedicada a analizar problemas sociolóxicos a partir do uso da [[teoría de sistemas]]: ''"Funktionen und Folgen formaler Organisation"'' ([[Duncker & Humblot]], Berlín, 1964).
 
En 1965 ingresou na Universidade de [[Münster]] onde acabou de estudar socioloxía política en 1967. En 1968 estableceu en [[Bielefeld]], cidade onde exerceu un posto de catedrático na universidade durante o resto da súa carreira ata 1993, momento no que é nomeado emérito. En 1997 recibiu o [[Premio europeo Amalfi de socioloxía e ciencias sociais]] por ''Die Gesellschaft der Gesellschaft''.
 
Con ocasión do ''XVI Congreso Alemán de Socioloxía'', no ano 1968, iniciou un intenso debate teórico con [[Jürgen Habermas]], a primeira parte do cal foi recopilado en: ''"Theorie der Gesellschaft oder Sozialtechnologie". Was leistet die Systemforschung'', Surkamp ([[Frankfurt]], 2 volumes, 1971-1973). O intercambio entre ambos continuou ata a morte de Luhmann en 1998 e é posible encontrar mutuas referencias e críticas nas obras de ambos os autores. No ano [[1986]] publicou ''"Ökologische Kommunikation. Kann die moderne Gesellschaft sich auf ökologische Gefährdungen einstellen?"'' (Westdeutscher Verlag, Opladen). Formou parte da revista ''Zeitschrift für Soziologie'' ([[Stuttgart]]), como editor, obtendo o premio [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] en 1988.
 
Luhmann escribiu prolificamente, con máis de tres ducias de libros publicados sobre unha variedade de temas, incluíndo leis, economía, política, a arte, a relixión, ecoloxía, medios de comunicación e o amor.