Maio do 68: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Desenvolvemento ==
Durante o mes de maio de 1968, Francia foi oescenario dun importante movemento estudantil e social, que forzou ao xeneral [[Charles de Gaulle|De Gaulle]] a disolver a Asemblea nacional e a organizar novas eleccións. Este movemento formou parte dun conxunto de acontecementos nos medios estudantís dun gran número de países, como a [[República Federal de Alemaña]] (movemento SDS - Sozialistischer Deutscher Studentenbund), os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (accións contra a [[guerra de Vietnam]]), [[Checoslovaquia]] ([[Primavera de Praga]]) ou [[México]].<gallery>
Ficheiro:Situationist.jpg|"Está prohibido prohibir" Slogan emblemático da época
 
</gallery>Este movemento comeza nos dous lados da ''cortina de aceiro''. A partir de 1967, varios campus nos Estados Unidos ou [[Polonia]], por exemplo, levántanse contra a política educativa. En Francia, estes acontecementos toman con todo unha amplitude particular xa que se acompañan de potentes manifestacións de estudantes, logo dunha folga xeral que paraliza completamente o país (os camións militares deberán asegurar o transporte de fortuna).
 
Tamén foi acompañado dunha onda de reunións informais dentro dos organismos, empresas, administracións, os colexios e as universidades, teatros, casas de mozas, das casas da cultura. En todo o país, as portas ábrense a calquera cidadán, a palabra libérase e pasa a ser por algunhas semanas a razón de ser dos franceses.
Liña 14:
* ''Baixo os lastros, a praia''
* ''A propiedade é un crime (de Estado)'', entre outros.
 
== Contexto ==
 
=== Contexto económico ===
Paradoxicamente, a crise de maio-xuño de 1968 aparece despois dunha década de prosperidade inigualable. No que ten que ver co plano económico, é o apoxeo dos "Trinta Gloriosos", cunha taxa de crecemento estable da orde do 5%. A sociedade de consumo instalouse nos costumes, sen coller conciencia de todas esas implicacións e desequilibrios mundiais que se están a desenvolver.
 
Porén, a pesar de todo este crecemento existen profundas desigualdades:
 
* numerosos cerres de negocios do sector textil, a mecánica,a metalurxia;
* entre 470 000 e 500 000 demandantes de emprego<sub>;</sub>
*
 
== Repercusións ==