Abrir o menú principal

Cambios

m
Os iraquís dispoñían dun exército de 545.000 soldados, 4.500 blindados e 700 avións de combate entre os que había [[MiG-21]], [[MiG-23]], [[MiG-25]], [[MiG-29]], [[Mirage F-1]], [[Su-24]] e algúns bombardeiros [[Tupolev tu-22K]]. Tamén contaban cun bo número de [[mísil balístico|mísiles balísticos]] [[Scud-B]] de alcance medio e algunhas plataformas móbiles coas cales era posible disparalos dende calquera zona en Iraq. Todo isto sen mencionar un importante arsenal de armas químicas e biolóxicas que diferentes países occidentais, entre eles Estados Unidos, propocionáranlle a [[Saddam Hussein]] durante a sanguenta [[Guerra Irán-Iraq|guerra irano-iraquí]] que o ditador librara uns anos antes.
 
Inicialmente, a operación aliada recibiu o nome de "Escudo do Deserto" e máis adiante sería rebautizada como "Treboada do Deserto". A campaña iniciouse o 17 de xaneiro cunha serie de bombardeos nos que se utilizaron 100 mísiles cruceiro [[Tomahawk]] disparados dende barcos estacionados en augas do [[mar Vermello]] e o [[golfo Pérsico]]. Algúns dos brancos alcanzados durante os primeiros ataques foron 3 Palacios Presidenciais, o Ministerio de Defensa, a Dirección de intelixencia militar, cinco estacións de teléfono, a ponte Ashudad, o Cuartel xeral do Exército do Aire, unha fábrica de ensamblado de mísiles Scud, a sede do partido ''[[Baath]]'', a sede central da policía, a estación central de televisión e diferentes ministerios. Durante a primeira semana de ataques aéreos, a coalición anunciou que se logrou a destrución de cando menos 350 avións inimigos, mentres que os iraquís afirmaban ter derrubado 60 avións aliados. A coalición únicamenteunicamente recoñecería a perda de 4 avións e máis tarde daríase a coñecer que unha refinería de ''Khafji'' en Arabia Saudita fora atacada pola [[artillería]] iraquí.
 
Nun intento por rachar a coalición e provocar a saída de [[Exipto]], [[Siria]] e outras nacións árabes do conflito, Saddam Hussein deu a orde de bombardear Israel usando mísiles Scud-B para obrigar ó Estado hebreo a entrar na guerra. A táctica non funcionou e os israelís abstivéronse de tomar represalias{{Cómpre referencia}}, pero estes ataques obrigaron á coalición a modificar os seus plans. A partir dese momento, as plataformas móbiles coas cales os iraquís disparaban contra Israel serían o obxectivo principal dos ataques. En total uns 41 mísiles Scud con carga convencional impactarían sobre as cidades israelís de [[Tel-Aviv]] e [[Haifa]].
11.046

edicións