Boeing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Melloro estilos de localización
Elisardojm (conversa | contribucións)
cadro
Liña 47:
No ano [[1967]] a compañía introduciu un novo modelo, o [[Boeing 737]], convertido no avión de pasaxeiros máis vendido na historia da aviación civil. Trátase dun birreactor deseñado para rutas curtas e medias, con capacidades que van dos 110 aos 220 pasaxeiros segundo a versión e a configuración de asentos. O 737 segue fabricándose e é obxecto de continuas melloras tecnolóxicas. Tamén foron aparecendo variantes adicionais, polo xeral versións máis longas para unha maior capacidade de pasaxeiros. Incluso existe un 737 de negocios para grandes empresas, o Boeing Business Jet.
[[Ficheiro:City of Everett 01.jpg|250px|miniatura|O ''City of Everett'', prototipo do [[Boeing 747]]]]
Ao comezar a década dos 70 Boeing tivo que enfrontarse a unha nova crise. O programa espacial Apollo, no que Boeing estivera participando de xeito importante, foi cancelado case por enteiro. Unha vez máis a empresa confiou en poder compensar a perda de vendas cos seus avións comerciais. Porén, naquela época as compañías aéreas de todo o mundo atravesaban á súa vez un mal momento, de xeito que Boeing non recibiu ningún pedido de avións en todo un ano. A súa aposta de futuro, o novo modelo [[Boeing 747|747]], derivado dun proxecto de transporte estratéxico para o Exército dos Estados Unidos, estábase atrasando na súa fabricación e orixinaba, ademais, custos máis elevados do previsto. A todo isto sumouse que o Congreso estadounidense desestimou o apoio financeiro ao proxecto de avión civil supersónico de Boeing, a resposta ao avión supersónico franco-británico [[Concorde]], o cal obrigou a Boeing a abandonar o desenvolvemento dun avión no que xa investira moitos cartos. Unha vez máis Boeing viuse na obriga de reducir o seu plantelcadro de traballadores, que pasou de 80.000 persoas a 40.000 só na área de [[Seattle]]. Por fin, na ano [[1970]] o primeiro exemplar do novo avión [[Boeing 747]] foi posto en servizo, un catrimotor de longo alcance con capacidade para 460 pasaxeiro, e con elo o maior avión comercial da historia da aviación durante moito tempo. Este avión tivo un éxito extraordinario dende a súa aparición. Coa chegada do [[Airbus A380]] (que entrou en servizo no ano [[2007]]), un avión de dous pisos con capacidade de asentos superior ao 747, Boeing atópase por vez primeira cun competidor para este avión.
 
=== Anos 80 ===