Diferenzas entre revisións de «Erase Errata»

conxuntos
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (3))
(conxuntos)
Erase Errata formouse en [[Oakland]] en [[1999]] e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, ''Erase Errata'', e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl [[Le Tigre]] e ao grupo de [[noise rock]] [[Melt Banana]]. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum ''[[Other Animals]]'' en [[2001]], seguido de ''[[At Crystal Palace]]'' en [[2003]], ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con [[Sonic Youth]], [[Mission of Burma]] e [[The Ex]] entre os seus seareiros.
 
Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en [[2004]], a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda víuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano [[2006]] editaron o álbum ''[[Nightlife]]'', pasando a formar parte dodos plantelconxuntos do selo Kill Rock Stars.
 
Tras o lanzamento no ano [[2010]] do sinxelo "Damaged" a banda pasou un período de catro anos inactiva. O día [[20 de xaneiro]] do ano [[2015]] Erase Errata publicou o seu cuarto álbum de estudio, ''[[Lost Weekend]]'', a través do seu propio selo Under the Sun.<ref>{{cita web|título=Erase Errata Return With New Album ''Lost Weekend''. Share "My Life in Shadows"|url=http://pitchfork.com/news/57833-erase-errata-return-with-new-album-lost-weekend-share-my-life-in-shadows/|editor=Pitchfork|dataacceso=20 de febreiro de 2015}}</ref>
100.129

edicións