Galego-portugués: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4730780 de Leandrod (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.
 
O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de  [[Johan Soarez de Pávia]], datado en [[1196]] por algúns expertos. As recompilacións [[lírica]]s [[medieval|medievais]] galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son o [[Cancioneiro da Ajuda]], o [[Cancioneiro da Vaticana]], o [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|Cancioneiro Colocci-Brancutti]] e as [[Cantigas de Santa María]].
 
O rei [[Afonso X]] o Sabio, de [[Coroa de Castela|Castela]], coordinou as ''[[Cantigas de Santa María]]'' en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da [[literatura occitana]]). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.