Diferenzas entre revisións de «Xustino I»

Substituíuse unha imaxe, que estaba repetida.
(Biografía)
Etiqueta: edición de código 2017
(Substituíuse unha imaxe, que estaba repetida.)
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Tremissis-Justin I-sb0058.jpg|miniatura|300px|Flavius Iustinus Augustus]]
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''' (''c''. [[450]] - [[1 de agosto]] de [[527]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[518]] – [[527]]).
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Justin I by Giovanni Battista de'Cavalieri.jpg|miniatura|esquerda|Gravado cun retrato de '''Xustino I''', Por Giovanni Battista de'Cavalieri, publicado en ''Romanorum imperatorum effigies'', Roma, 1592]]
Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á diocese de [[Diocese de Dacia|Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitores'') do emperador [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabeto]].
 
22.433

edicións