Diferenzas entre revisións de «Os outros feirantes»

Está sempre presente a galeguidade dos personaxes, son ''xentiña de nós'' na ''feira galega'', que a feira era a mellor e máis tradicional concentración de xente.
 
Retrata Cunqueiro unha Galiza tradicional, labrega, de interior. Son personaxes que viven en contacto coa terra, labregos que traballan as súas leiras, prados, coidan o gando, andan ás castañas, cazadores (son moi escasos os que andan á mar: Felpeto mariñeiro e músico). queQue teñen as crenzas tradicionais do país: supersticiosos (cren en mouros ou fadas gardadores de tesouros), respectuosos cos mortos, cren na aparición dos espíritos, temen e respectan aoo lobo, teñen devocións aos santos...
 
* Unha boa parte das historias son relatos de fixacións, obsesións, teimas coas que conviven as distintas xentes: ''E dende entón a súa teima era saber, por si iba alí e enfermaba, as fontes que había en todas as vilas do mundo'' (Piñeiro e as fontes, p. 44).''
* Algúns posúen anhaunha virtude ou poder especial que -na—na maioría dos casos-casos— explotan para tirar proveito del: A voadora de Serantes, Lamego de Mouriz (o tempo atmosférico); A orella dereita de Antón de Leivas, Braulio Costas (ex-votosexvotos de barro), Padín de Carracedo, Cosme de Paredes (veterinario afeccionado), María a Peneireira (o espello que todo o vía)...
* Personaxes con algunha eiva ou malformación estraña: o enano das burlas, Xosé Liñeiras (6seis dedos), A orella dereita de Antón de Leivas.
* Destaca tamén a inxenuidade que mostran moitos dos feirantes de Cunqueiro: Carlos Pillado, o amigo de Cunqueiro en Unha siria en Ribadeo, que cre todo o que lle conta sobre as xentes do mundo.
* O tipo galego que aparece nos relatos é, en xeral, inquedo e curioso polo mundo que o rodea, con desexo de saír do cotián, o que o leva a ser fantasioso e a través da fantasía cambiar o seu mundo cotián (de individuos anónimos mergullados na masa común) por outro no que pasan a exercer un protagonismo contundente e definitivo, moitas veces da man do máxico ou esotérico: Xosé Liñeiras, que soñaba con que os de 6seis dedos chegasen a imporse sobre os outros.
* Outro tipo querido por Cunqueiro é o menciñeiro (por iso lle dedicou en exclusiva un libro da triloxía) e aquí volve ter grande presenciapresenza. Agás no caso de Freire de Rego e de Hermelina da Ponte non son agora protagonistas, senón que aparecen introducidos nas historias de outradoutra xente: unha menciñeira soluciona o caso de anano das burlas; un menciñeiro de preto de [[Pontedeume]] soluciona o caso do gatipedro.
* O estamento eclesiástico ten grande presenciapresenza nos relatos. Nunca aparecen como protagonistas, mais bispos, cregos ou monxas teñen grande influencia na vida das xentes populares: en Manuel Suárez cóntasenoscóntase do cóengo coñecido polo Tirademoños de [[Braga]]; o pai de Hermelina da Ponte proponlles negocio ás monxas de [[Allariz]].
* Das 49 historias só oito están protagonizadas por mulleres : A tía Remedios, a voadora de Serantes, Hermelina da ponte... Segundo Carme Blanco<ref>{{Cita libro|título= Nais, damas, prostitutas e feirantas |apelidos=Blanco|nome=Carmen|editorial=Edicións Xerais|ano=1995|ISBN=978-84-7507-910-3|ref=}}</ref> o realismo cunqueiriano non fai máis que recoller o papel secundario da muller na comunidade. Na maioría dos relatos están alí, pero non son as protagonistas.
 
En xeral, estes seres marxinais, que viven nun mundo marxinado e cheos de teimas e eivas, lograrán evadirse da súa realidade a través da imaxinación e a ironía.
[[Xesús Rábade|Xesús Rabade Paredes]] sinala:
{{Cita|... os tipos retratados (con trazos breves pero moi certeiros) amosan en conxunto un pedazo da alma do fabulador poeta que lles infunde vida: son soñadores e credores, intuitivos, imaxinativos e pragmáticos, melancólicos, razonadores ou escépticos, e manteñen con frecuencia a necesaria discriminación ou lucidez (o equilibrio suficiente) para moverse nas complicadas redes do real continxente e do fantaseado<ref>{{Cita libro|título=Unha lectura de... Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro|apelidos=Rábade Paredes|nome=Xesús|editorial=Edicións Xerais|ano=1997|ISBN=84-8302-107-2|ref=}}</ref>.}}
 
== Notas ==
{{Listaref|02}}
33.237

edicións