Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4729975 de 79.152.174.243 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 3:
'''Francisco Gómez de Quevedo y Santibáñez Villegas''', nado en [[Madrid]] o [[14 de setembro]] de [[1580]] e finado en [[Villanueva de los Infantes, Ciudad Real|Villanueva de los Infantes]] ([[Provincia de Cidade Real|Cidade Real]]) o [[8 de setembro]] de [[1645]], foi un [[escritor]] do [[Século de Ouro]] [[España|español]].
 
== Traxectoria Perrecha ==
=== Formación ===
De familia fidalga e oriúnda de [[Cantabria]], a infancia de Quevedo transcorreu na Corte rodeado de potentados e nobres, xa que os seus pais desempeñaban altos cargos no Palacio. O pai, Francisco Gómez de Quevedo, era secretario da princesa María, esposa de Maximiliano de Alemaña, e súa nai, María de Santibáñez, era camareira da raíña. O rapaz, superdotado, de pés deformes, coxo de un, gordo e moi curto de vista, quedou orfo aos seis anos e refuxiouse nos libros dentro do Colexio Imperial dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] de Madrid. En [[1596]] marchou á [[Universidade de Alcalá de Henares]], onde estudou ata [[1600]]. Pola súa conta profundou ademais en [[filosofía]], linguas clásicas, [[Lingua árabe|árabe]], [[lingua hebrea|hebreo]], [[Lingua francesa|francés]] e [[lingua italiana|italiano]]. En [[Valladolid]], ata onde foi seguindo a Corte trasladada alí polo [[Duque de Lerma]], estudou tamén [[teoloxía]], para a que faría posteriormente algunhas achegas, como o tratado contra o ateísmo ''Providencia de Deus''.