Joan Clos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 25:
O seu mandato como alcalde está caracterizado pola concepción, preparación e celebración do controvertido primeiro [[Fórum Universal das Culturas 2004|Fórum Universal das Culturas]], celebrado en [[Barcelona]] no verán de [[2004]], e a conseguinte reurbanización da área do Besòs e Diagonal Mar. Un proxecto de reordenación urbanística dez veces maior ó que experimentou a cidade con motivo dos [[Xogos Olímpicos de 1992]]. Tamén puxo en marcha o proxecto [[22@]] , un novo barrio tecnolóxico que se constrúe sobre o vetusto [[Poblenou]], e a remodelación de [[Estación de Barcelona - Sagrera|La Sagrera]] ante a inminente chegada do tren de alta velocidade (AVE) á cidade condal.
 
En setembro de [[2006]] cesa na alcaldía de [[Barcelona]] tras nove añosanos de mandato, ó ser nomeado polo presidente do Goberno español, [[José Luis Rodríguez Zapatero]], como novo ministro de Industria, Comercio e Turismo. Substituíu nese cargo ó líder do PSC [[José Montilla]], que deixou o [[Ministerio de Industria, Comercio e Turismo]] para liderar as listas do PSC nas [[eleccións ó Parlamento de Cataluña]] que se celebraran o [[1 de novembro]] de [[2006]]. O seu sucesor á fronte da alcaldía de Barcelona foi [[Jordi Hereu i Boher]]. En abril de [[2008]] foi substituído como ministro por [[Miguel Sebastián]] e pasou a ocupar o cargo de embaixador en [[Turquía]], ao que en 2009 sumou o de embaixador na República de [[Acerbaixán]]. Ocupou o cargo de embaixador en Turquía ata novembro de 2010.
 
Desde outubro de 2010, é Director Executivo do [[Programa de Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos]] (ONU HABITAT).