Óso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 47:
 
* '''Células osteoproxenitoras ou osteóxenas'''. Proveñen do [[mesénquima]] no embrión. Posúen unha forma de fuso. Mostran retículo endoplásmico rugoso escaso, así como [[aparello de Golgi]] pouco desenvolvido, mais encóntranse [[ribosoma]]s libres en abundancia. No adulto encóntranse na capa celular interna do periósteo. A súa [[diferenciación celular|diferenciación]] depende das condicións do medio: se a tensión parcial de [[oxíxeno]] é alta, diferenciaranse en osteoblastos; se a tensión parcial de osíxeno é baixa, desenvolveranse células condróxenas.
* '''[[Osteoblasto]]s'''. Formadores de matriz ósea. Non poden dividirse. Os osteoblastos deciden as accións que efectuarán no óso'. Xorden como diferenciación das células osteoproxenitoras, baixo a influencia da familia da [[proteína morfoxénica ósea]] [[(BMP)]] e do [[factor de crecemento transformante beta]] [[(TGF-β]]). Posúen elevado RER e un Aparello de Golgi ben desenvolvido, tamén se observan numerosas vesículas. Comunícanse entre elas por unións tipo GAP (nexo). Cando quedan envoltas pola matriz ósea é cando se transforman nun estadio non activo, o osteocito. Producen RANKL (receptor para a activación do factor nuclear K-B), osteonectina (para a mineralización ósea), osteopontina (para selar a zona onde actúa o osteoclasto), osteocalcina (mineralización ósea), sialoproteína ósea (une osteoblastos e osteocitos á [[matriz extracelular]]) e M-CSF ([[factor estimulante de colonias de macrófagos]]). Posúen receptores de [[hormona]]s, [[vitamina]]s e [[citocina]]s, como a [[Parathormona|hormona paratiroide]] que induce ao osteoblasto a secretar OPGL ([[ligando]] de osteoprotexerina) e factor estimulante de osteoclastos: estes actúan na diferenciación de preosteoclastos a osteoclastos e na súa activación. Participan na resorción ósea secretando substancias que eliminan a ''osteoide'' (fina capa de matriz NON mineralizada), expondo a matriz ósea para o ataque dos osteoclastos.
Cando os osteoblastos entran nun estado de inactividade chámanse células de recubrimento óseo e poden revertelo para secretar citocinas ou matriz ósea.