Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
corrixo formato biblioigrafía, engado referencia
Liña 31:
|outros =
}}
'''Aníbal Barca''', nado en [[Cartago]] no [[-247|247 a.C.]] e finado no [[Reino de Bitinia]] no [[-183|183 a.C.]], foi un xeneral [[Cartago|cartaxinés]], que destacou polas súas campañas contra os [[Roma antiga|romanos]].
 
== Infancia ==
En [[-237|237 a.C.]], trala fin da [[primeira guerra púnica]], o seu pai [[Amílcar Barca|Amílcar]] foi enviado polo consello cartaxinés a [[Iberia]], acompañado polo seu xenro [[Asdrúbal o Belo]]. A [[lenda]] conta que Amílcar non era partidario de levarse ao seu fillo, de tan só nove anos, á ardua empresa da conquista de [[Iberia]], aínda que consentiu finalmente en levar ao seu fillo a condición de que xurase inimizade eterna cara a [[Roma antiga|Roma]].
 
O obxectivo de Amílcar era someter as antigas factorías [[Fenicios|fenicias]] da costa, asegurando a súa lealdade a [[Cartago]], e asentar o dominio púnico nas terras do interior, terras dominadas polas tribos [[Iberos|ibéricas]]. Esta empresa tiña como finalidade garantir tanto a explotación directa das ricas minas de [[Serra Morena]] para o pago da indemnización de guerra, como a posesión directa dun territorio que podía fornecer a Cartago importantes recursos, tanto materiais como humanos, en vistas a unha nova confrontación con Roma.
 
== Ascensión a xeneral e campañas en Iberia ==
Liña 78:
Captado o afecto do rei, pensou en coligalo con [[Filipo V]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e os cartaxineses para invadir Italia por segunda vez. Co propósito de informar aos seus amigos do plan, enviou un home a [[Cartago]]. Con todo, o plan foi descuberto e o seu emisario obrigado a fuxir mentres a República renovou as súas promesas de lealdade a [[Roma antiga|Roma]]. [[Cornelio Nepote]] acredita que tres anos logo da súa fuxida de Cartago, Aníbal achegouse con cinco barcos ás costas de [[Cirene]] para inducir aos cartaxineses á guerra contra Roma, pero que fracasado o seu proxecto, volveu a [[Siria]]. En [[-190|190 a.C.]], [[Antíoco]] é derrotado nunha batalla da desembocadura do [[río Eurymedon]].
 
Trala derrota de Antíoco en [[Sipilo]], Roma impuxo a entrega de Aníbal como condición para a firma da paz. Avisado por Antíoco, Aníbal fuxiu a [[Reino de Bitinia|Bitinia]] para poñerse baixo a protección de Prusias. Con todo, Roma conseguiu descubrir o destino do seu mortal inimigo, enviando unha embaixada da que formou parte Flaminio[[Tito Quinctio Flaminino]], para solicitar de [[Prusias]] a entrega de Aníbal.
 
Medorento da reacción que puidese causar en Roma unha negativa, pero sen querer faltar ao deber da hospitalidade, Prusias accedeu pero dicíndolles aos embaixadores que procedesen eles mesmos á súa captura, xa que non lles sería difícil atopar a súa morada. Atopárona e rodearon con soldados todas as saídas do castelo. Aníbal, decatándose de que non había escapatoria, tomou un veleno que sempre levaba no seu anel e pronunciou, en Libysa Bitania), as súas últimas e soadas palabras que cita [[Tito Livio]]: ''Libremos a [[Roma antiga|Roma]] dasdunha súasgran inquietudespreocupación, xapois que noncre sabehaber esperaresperado demasiado tempo en consumar a morte dun ancián.''<ref>Barceló (en Libysa Bitania2012)'', p. 78 </ref> Ese mesmo ano, [[-186|186 a.C]] en Italia falecería tamén [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]].
 
(1)O nome púnico de cidade nova, non se sabe se foi en recordo da antiga cidade ibérica: Mastia ou de Carthago, co mesmo nome e idéntico significado; os gregos traducírono en Kaine Polis, tamén Karthagedon (Karchedon), ás veces Karthagedon Nea; os romanos o romanizaron en Carthago Nova; o nome de Cartaxena vén a través do acusativo Chartaginem.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
{{Commons|Category:Hannibal}}
=== Bibilografía ===
* {{Cita libro|título=Aníbal|apelidos=Barceló|nome=Pedro|editorial=Acento Editorial|ano=2001|ISBN=9788448305857|lugar=Madrid|ref=}}
* {{Cita publicación periódica|apelidos=Barceló|nome=Pedro|data=2012|título=El fin de Aníbal|PMC=|revista=Historia. National Geographic|doi=|ISSN=1696-7755|PMID=|volume=|páxinas=70-79|número=30}}
* {{Cita libro|título=Diccionario de personajes históricos griegos y romanos|apelidos=Martínez-Pinna|nome=Jorge|editorial=Istmo|ano=1998|ISBN=9788470903236|apelidos2=Montero Herrero|nome2=Santiago|apelidos3=Gómez Pantoja|nome3=Joaquín L.|serie=Col. Fundamentos nº 139|lugar=Madrid|ref=}}
* VV. AA. (1887?-1910),. Dicionario[http://www.cervantesvirtual.com/obra/diccionario-enciclopedico-hispano-americano-de-literatura-ciencias-y-artes-tomo-1/ Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano de Literatura, Ciencias e Artes,]. Barcelona,: Montaner e Simón Editores. Texto de dominio público.
 
=== Outros artigos ===
* [[Baal]]
* [[Guerras púnicas]]
 
=== Bibilografía ===
VV. AA. (1887?1910), Dicionario Enciclopédico Hispano-Americano de Literatura, Ciencias e Artes, Barcelona, Montaner e Simón Editores. Texto de dominio público.
Encyclopædia Britannica, 11ª edición (1911).
VV.AA.Diccionario de personajes Historicos, edición ITSMO. S. A.,(1988)Madrid
Pedro Barceló. ANÍBAL. Acento Editorial, (2001) Madrid
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Category:Hannibal}}
* [http://1911encyclopedia.org/ Encyclopædia Britannica, 11ª edición (1911)].
* [http://web.archive.org/20070427135508/lectoresyescritores.blogspot.com/2006/08/anbal-el-orgullo-de-cartago.html#links Anibal - O orgullo de Cartago] (en español)