Pitágoras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: ligazóns
Liña 11:
 
== Traxectoria ==
O pai de Pitágoras foi Mnesarco, un mercador de [[Tiro]], e a súa nai Pythais, orixinaria de [[Samos]], en [[Xonia]]. A maioría dos historiadores concordan en que a súa vida pública xorde cara ó 532 a.C., en tempos de [[Polícrates de Samos|Polícrates]] e de [[Tarquinio o Soberbio]].<ref group='nota'>A información cronolóxica respecto das datas de nacemento e morte de Pitágoras, así como a duración da súa vida, foron estimadas na Antigüidade e non permiten fixar as datas exactamente, aínda que adoita recoñecerse que viviu ata unha idade avanzada.(Guthrie, op. cit. p. 173) [[Aristógenes]] (citado en Porfirio, ''Vida de Pitágoras'', 9) indica que Pitágoras abandona Samos durante o reinado de Polícrates, á idade de 40 anos. Antíloco e [[Eratóstenes]] sitúan o seu nacemento a finais do século VII a.C. Pola súa banda, JámblicoIámblico calcula que tería ó redor de cen anos ó morrer (''Vida pitagórica'', 265).</ref>
 
Pitágoras viviu os primeiros anos da súa vida en Samos e acompañou ó seu pai en moitas das súas viaxes; era certamente instruído: aprendeu a tocar a [[Lira (instrumento musicalmúsica)|lira]], a escribir poesía e a recitar a [[Homero]]. É posible que o seu pai o levase a Tiro e que alí recibise instrución de [[Caldea|caldeos]] e homes instruídos de Siria. Entre os seus profesores, menciónase a tres filósofos: [[Ferécides de Siros]], a quen a miúdo se describe como o mestre de Pitágoras; [[Tales de Mileto|Tales]] e o pupilo deste, [[Anaximandro]]. Segundo [[JámblicoIámblico]], na súa ''Vida de Pitágoras'', á idade de 18 ou 20 anos, Pitágoras visitou a Tales, en Mileto. Aínda que Tales xa debía ser un ancián nese entón, exercería unha forte impresión no mozo Pitágoras, interesándoo polas matemáticas e a astronomía, e aconsellándolle visitar [[Período tardío de Exipto|Exipto]] para aprender máis sobre estas cuestións. Anaximandro impartía as ensinanzas de Tales, lecturas ás cales asistiu Pitágoras, e moitas das súas [[Historia da xeometría|ideas sobre xeometría]] e [[cosmoloxía]] influíron na súa propia visión.
 
[[Ficheiro:Magna_Grecia_280aC.jpg|miniatura|Cidade de [[CrotonaCrotone]] na [[Magna Grecia]], área de influencia de Pitágoras e os pitagóricos.]]
 
Foi crenza común na Antigüidade que Pitágoras emprendeu longas viaxes co propósito de recompilar a información científica alcanzable da súa época directamente das fontes.<ref group='nota'>Dióxenes, Porfirio, JámblicoIámblico</ref> Con este fin visitaría non só Exipto, senón tamén Arabia, Fenicia, Babilonia e mesmo a India. O paso de Pitágoras por Exipto pode ser visto como máis que probable; Polícrates establecera unha alianza e existían fortes lazos entre a illa de Samos e Exipto nese momento. En 525&nbsp;a.&nbsp;C. [[Cambises II]], rei de Persia, invadiu Exipto. A alianza con Polícrates rompeu e, trala [[Batalla de Pelusium]], Cambises capturou Heliópolis e Memphis. Segundo JámblicoIámblico, Pitágoras foi conducido a [[Babilonia (cidade)|Babilonia]] como prisioneiro de guerra polos seguidores de Cambises. Alí, asociaríase cos «''[[Meigo|magies]]''», instruíndose nos seus ritos sacros e os «''[[cultos mistéricos]]'' dos deuses», así como as [[Matemática babilónica|ciencias matemáticas cultivadas polos babilonios]]. Non está claro como obtén a súa liberdade, aínda que as mortes de Polícrates e de Cambises -ambas acaecidas en 522&nbsp;a.&nbsp;C.- poden ser factores determinantes para que Pitágoras emigrase ó sur de Italia e se establecera na cidade de [[CrotonaCrotone]].
 
Non existe ningunha certeza sobre o tempo que Pitágoras pasou en Exipto ou no Leste, nin das súas vicisitudes en Samos ou outras cidades gregas antes da súa chegada a Italia. Tampouco hai evidencia directa do tipo e a cantidade de coñecementos que puido adquirir, nin de como chegou ás súas conclusións filosóficas definitivas. Algúns relatos suxiren que visitou os templos e participou en discusións cos sacerdotes, iniciándose nos ritos e crenzas que logo imporía á sociedade que fundou en Italia. Entre os novos costumes que Pitágoras adoptou, poden mencionarse oos [[segredo]]s, o [[vexetarianismo]], o rexeitar vestir roupas feitas de pel de animais e a súa teimosía na pureza. Con todo, é difícil determinar ata que punto Pitágoras é tributario dos sacerdotes exipcios, ou sequera se lles debe algo do todo; estas características só exhiben o que facilmente podería ser desenvolvido por unha mente grega exposta ás influencias ordinarias do seu tempo. Incluso as fontes máis antigas apuntan a resultados similares ó tentar conectar as peculiaridades relixiosas e [[Ascetismo|ascéticas]] de Pitágoras cos [[Orfismo (relixión)|misterios órficos]] ou de Creta,<ref>JámblicoIámblico, 25; Porfirio, 17; Dióxenes Laercio, viii, 3.</ref> ou co [[oráculo de Delfos]]. Porfirio sinala que Pitágoras aprendeu xeometría dos exipcios, pero dado o carácter soamente práctico do cultivo desta ciencia polos [[Matemáticas no Antigo Exipto|matemáticos exipcios]], a influencia directa a partir dos ensinos de Tales e de Anaximandro parece máis probable. Das visitas que realizou a varios lugares en Grecia -Delos, Esparta, Fliunte, Creta, e outros cos que se lle relaciona-, Pitágoras aparece comunmente retratado no seu carácter de relixioso ou de lexislador.
 
As razóns polas que elixiu CrotonaCrotone como centro das súas actividades son fonte de especulación. Segundo Dióxenes, fíxoo para escapar da tiranía de Polícrates, aínda que é máis probable que fose debido ó escaso éxito con que foron acollidas as súas ensinanzas na súa cidade natal, ademais de que se lle esixía que participase dos asuntos públicos e de política. Tamén se menciona a fama desta cidade no cultivo da medicina como posible influencia.
 
En CrotonaCrotone, fundou unha escola filosófica e relixiosa que rapidamente cobrou notoriedade e atraeu numerosos seguidores. Pitágoras foi a cabeza desta sociedade dentro dun restrinxido círculo de adeptos coñecidos como ''matematikoi''. Segundo algúns relatos, casou con [[Téano]], de CrotonaCrotone, e tiveron unha filla, [[Damo (filósofa)|Damo]], e un fillo, [[Telauges]], outros din que foron dúas fillas, Damo e [[Myia]], outros dan noticia de que xa tiña esposa e filla cando chegou a Italia.
 
A evidencia sobre o lugar e o ano da morte de Pitágoras é incerta. Unhas fontes indican que morreu en [[532 a. C.]],<ref name=pita>{{Cita libro |apelido=Ríos Pedraza |apelido2=Haya Segovia |nome=Francisco |nome2=Fernando |ano=2009 |título=Historia de la Filosofía |url=https://books.google.es/books/about/Historia_de_la_filosof%C3%ADa_2_Bachillerato.html?id=n6SzygAACAAJ&redir_esc=y |dataacceso=15 de maio de 2017 |páxina=5|capítulo=La filosofía antigua |lugar=San Fernando de Henares |editorial=Oxford Univesity Press España, Sociedad Anónima |apelido-editor=Amodeo Escribano |apelido-editor2=Scott Blacud |apelido-editor3=López Vera |apelido-editor4=García Olaya |nome-editor=Marisa |nome-editor2=Elizabeth |nome-editor3=Eduardo |nome-editor4=Silvia|isbn=9788467351477}}</ref> pero realmente, en 508&nbsp;a.&nbsp;C. a Sociedade Pitagórica de CrotonaCrotone foi violentamente atacada e Pitágoras escapou a [[Metaponto]], lugar onde terminaría os seus días (algúns autores afirman que se deixou morrer de fame). JámblicoIámblico refire a seguinte versión dos feitos: ''Cilón, un cidadán nobre de CrotonaCrotone, líder por nacemento, rico e poderoso, pero tamén violento e tiránico, desexaba ansiosamente participar do modo de vida dos pitagóricos. Achegouse a Pitágoras, para entón un home maior, pero foi rexeitado en virtude dos defectos de carácter antes mencionados. Cilón decidiu tomar vinganza e xurou perseguir aos pitagóricos ata o último home''. Esta é a versión maioritariamente aceptada polos historiadores, pero JámblicoIámblico discútea, argüíndo que o ataque de Cilón foi un asunto menor e que Pitágoras regresou a CrotonaCrotone. Certamente a Sociedade Pitagórica prosperou por moitos anos despois deste acontecemento e propagouse cara a outras cidades italianas.<ref group='nota'>Segundo P. Gorman, isto reforza a idea de que Pitágoras volveu a CrotonaCrotone, e cita como evidencia a súa lonxevidade, así como o feito de que varias fontes aseguran que ensinou a [[Empédocles]], co que tería que vivir ata despois de 480&nbsp;a.&nbsp;C. (P. Gorman, ''Pythagoras, a life'', 1979).</ref>
 
A súa tumba foi exhibida en Metaponto en tempos de [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]].
 
==Notas==