Pitágoras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: trad. es.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 19:
Foi crenza común na Antigüidade que Pitágoras emprendeu longas viaxes co propósito de recompilar a información científica alcanzable da súa época directamente das fontes.<ref group='nota'>Dióxenes, Porfirio, Jámblico</ref> Con este fin visitaría non só Exipto, senón tamén Arabia, Fenicia, Babilonia e mesmo a India. O paso de Pitágoras por Exipto pode ser visto como máis que probable; Polícrates establecera unha alianza e existían fortes lazos entre a illa de Samos e Exipto nese momento. En 525&nbsp;a.&nbsp;C. [[Cambises II]], rei de Persia, invadiu Exipto. A alianza con Polícrates rompeu e, trala [[Batalla de Pelusium]], Cambises capturou Heliópolis e Memphis. Segundo Jámblico, Pitágoras foi conducido a [[Babilonia (cidade)|Babilonia]] como prisioneiro de guerra polos seguidores de Cambises. Alí, asociaríase cos «''[[Meigo|magies]]''», instruíndose nos seus ritos sacros e os «''[[cultos mistéricos]]'' dos deuses», así como as [[Matemática babilónica|ciencias matemáticas cultivadas polos babilonios]]. Non está claro como obtén a súa liberdade, aínda que as mortes de Polícrates e de Cambises -ambas acaecidas en 522&nbsp;a.&nbsp;C.- poden ser factores determinantes para que Pitágoras emigrase ó sur de Italia e se establecera na cidade de [[Crotona]].
 
Non existe ningunha certeza sobre o tempo que Pitágoras pasou en Exipto ou no Leste, nin das súas vicisitudes en Samos ou outras cidades gregas antes da súa chegada a Italia. Tampouco hai evidencia directa do tipo e a cantidade de coñecementos que puido adquirir, nin de como chegou ás súas conclusións filosóficas definitivas. Algúns relatos suxiren que visitou os templos e participou en discusións cos sacerdotes, iniciándose nos ritos e crenzas que logo imporía á sociedade que fundou en Italia. Entre os novos costumes que Pitágoras adoptou, poden mencionarse o [[segredo]], o [[vexetarianismo]], o rexeitar vestir roupas feitas de pel de animais e a súa teimosía na pureza. Con todo, é difícil determinar ata que punto Pitágoras é tributario dos sacerdotes exipcios, ou sequera se lles debe algo do todo; estas características só exhiben o que facilmente podería ser desenvolvido por unha mente grega exposta ás influencias ordinarias do seu tempo. Incluso as fontes máis antigas apuntan a resultados similares ó tentar conectar as peculiaridades relixiosas e [[Ascetismo|ascéticas]] de Pitágoras cos [[misterios órficos]] ou de Creta,<ref>Jámblico, 25; Porfirio, 17; Dióxenes Laercio, viii, 3.</ref> ou co [[oráculo de Delfos]]. Porfirio sinala que Pitágoras aprendeu xeometría dos exipcios, pero dado o carácter meramentesoamente práctico do cultivo desta ciencia polos [[Matemáticas no Antigo Exipto|matemáticos exipcios]], a influencia directa a partir dos ensinos de Tales e de Anaximandro parece máis probable. Das visitas que realizou a varios lugares en Grecia -Delos, Esparta, Fliunte, Creta, e outros cos que se lle relaciona-, Pitágoras aparece comunmente retratado no seu carácter de relixioso ou de lexislador.
 
As razóns polas que elixiu Crotona como centro das súas actividades son fonte de especulación. Segundo Dióxenes, fíxoo para escapar da tiranía de Polícrates, aínda que é máis probable que fose debido ó escaso éxito con que foron acollidas as súas ensinanzas na súa cidade natal, ademais de que se lle esixía que participase dos asuntos públicos e de política. Tamén se menciona a fama desta cidade no cultivo da medicina como posible influencia.