Pitágoras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
nado e finado
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: trad. es.wiki
Liña 11:
 
== Traxectoria ==
O pai de Pitágoras foi Mnesarco, un mercador de [[Tiro]], e a súa nai Pythais, orixinaria de [[Samos]], en [[Jonia]]. A maioría dos historiadores concordan en que a súa vida pública xorde cara ó 532 a.C., en tempos de [[Polícrates de Samos|Polícrates]] e de [[Tarquinio o Soberbio]].<ref group='nota'>A información cronolóxica respecto das datas de nacemento e morte de Pitágoras, así como a duración da súa vida, foron estimadas na Antigüidade e non permiten fixar as datas exactamente, aínda que adoita recoñecerse que viviu ata unha idade avanzada.(Guthrie, op. cit. p. 173) [[Aristógenes]] (citado en Porfirio, ''Vida de Pitágoras'', 9) indica que Pitágoras abandona Samos durante o reinado de Polícrates, á idade de 40 anos. Antíloco e [[Eratóstenes]] sitúan o seu nacemento a finais do século VII a.C. Pola súa banda, Jámblico calcula que tería ó redor de cen anos ó morrer (''Vida pitagórica'', 265).</ref>
Pitágoras naceu na illa de [[Illa de Samos|Samos]]. Era aínda moi novo cando viaxou a [[Mesopotamia]] e [[Exipto]], onde recibiu os estudos básicos e fundou a súa primeira [[escola]]. Algúns problemas [[política|políticos]] obrigárono a mudarse a [[Crotona]], no sur de [[Italia]], onde fundou a súa segunda escola. As doutrinas deste centro cultural eran rexidas por regras sumamente estritas sobre a forma de comportarse. A súa escola estaba aberta a [[home]]s e [[muller]]es indistintamente, e a conduta discriminatoria estaba prohibida. Os seus estudantes pertencían a todos os tipos de razas, [[relixión]]s, e estados, tanto social coma económico.
 
Pitágoras viviu os primeiros anos da súa vida en Samos e acompañou ó seu pai en moitas das súas viaxes; era certamente instruído: aprendeu a tocar a [[Lira (instrumento musical)|lira]], a escribir poesía e a recitar a [[Homero]]. É posible que o seu pai o levase a Tiro e que alí recibise instrución de [[caldeos]] e homes instruídos de Siria. Entre os seus profesores, menciónase a tres filósofos: [[Ferécides de Siros]], a quen a miúdo se describe como o mestre de Pitágoras; [[Tales de Mileto|Tales]] e o pupilo deste, [[Anaximandro]]. Segundo [[Jámblico]], na súa ''Vida de Pitágoras'', á idade de 18 ou 20 anos, Pitágoras visitou a Tales, en Mileto. Aínda que Tales xa debía ser un ancián nese entón, exercería unha forte impresión no mozo Pitágoras, interesándoo polas matemáticas e a astronomía, e aconsellándolle visitar [[Período tardío de Exipto|Exipto]] para aprender máis sobre estas cuestións. Anaximandro impartía as ensinanzas de Tales, lecturas ás cales asistiu Pitágoras, e moitas das súas [[Historia da xeometría|ideas sobre xeometría]] e [[cosmoloxía]] influíron na súa propia visión.
A súa escola de pensamento afirmaba que a estrutura do [[universo]] era [[aritmética]] e [[xeometría|xeométrica]], a partir do cal as [[matemáticas]] se converteron nunha disciplina fundamental para toda a investigación científica.
 
[[Ficheiro:Magna_Grecia_280aC.jpg|miniatura|Cidade de [[Crotona]] na [[Magna Grecia]], área de influencia de Pitágoras e os pitagóricos.]]
Pouco se sabe da nenez de Pitágoras. Todas as pistas do seu aspecto físico probablemente sexan ficticias, excepto a descrición dunha marca de nacemento rechamante que Pitágoras tiña na perna. E probable que tivese dous irmáns, aínda que algunhas fontes din que Pitágoras tiña tres. Era certamente instruído: aprendera a tocar a lira, poesía e a recitar a [[Homero]]. Había tres filósofos, entre os seus profesores, que deberon de influenciar a Pitágoras na súa xuventude. Un deles, o máis importante era [[Ferécides de Siros|Ferécides]], a quen moitos describen como profesor de Pitágoras.
 
Foi crenza común na Antigüidade que Pitágoras emprendeu longas viaxes co propósito de recompilar a información científica alcanzable da súa época directamente das fontes.<ref group='nota'>Dióxenes, Porfirio, Jámblico</ref> Con este fin visitaría non só Exipto, senón tamén Arabia, Fenicia, Babilonia e mesmo a India. O paso de Pitágoras por Exipto pode ser visto como máis que probable; Polícrates establecera unha alianza e existían fortes lazos entre a illa de Samos e Exipto nese momento. En 525&nbsp;a.&nbsp;C. [[Cambises II]], rei de Persia, invadiu Exipto. A alianza con Polícrates rompeu e, trala [[Batalla de Pelusium]], Cambises capturou Heliópolis e Memphis. Segundo Jámblico, Pitágoras foi conducido a [[Babilonia (cidade)|Babilonia]] como prisioneiro de guerra polos seguidores de Cambises. Alí, asociaríase cos «''[[Meigo|magies]]''», instruíndose nos seus ritos sacros e os «''[[cultos mistéricos]]'' dos deuses», así como as [[Matemática babilónica|ciencias matemáticas cultivadas polos babilonios]]. Non está claro como obtén a súa liberdade, aínda que as mortes de Polícrates e de Cambises -ambas acaecidas en 522&nbsp;a.&nbsp;C.- poden ser factores determinantes para que Pitágoras emigrase ó sur de Italia e se establecera na cidade de [[Crotona]].
=== Relevancia ===
Pitágoras pode ser considerado a persoa máis influente da historia universal; pasa por ser o introdutor de pesos e medidas, descubridor da [[teoría musical]], inventor da [[xeometría]] e a [[aritmética]] teórica; o primeiro en soster a forma esférica da terra, en falar de "teoría filosófica" e de "filósofos", en postular o [[baleiro]], en intentar canalizar o fervor relixioso en fervor intelectual, en usar o raciocinio e a definición e en considerar que o universo era unha obra só descifrable por medios matemáticos.
 
Non existe ningunha certeza sobre o tempo que Pitágoras pasou en Exipto ou no Leste, nin das súas vicisitudes en Samos ou outras cidades gregas antes da súa chegada a Italia. Tampouco hai evidencia directa do tipo e a cantidade de coñecementos que puido adquirir, nin de como chegou ás súas conclusións filosóficas definitivas. Algúns relatos suxiren que visitou os templos e participou en discusións cos sacerdotes, iniciándose nos ritos e crenzas que logo imporía á sociedade que fundou en Italia. Entre os novos costumes que Pitágoras adoptou, poden mencionarse o [[segredo]], o [[vexetarianismo]], o rexeitar vestir roupas feitas de pel de animais e a súa teimosía na pureza. Con todo, é difícil determinar ata que punto Pitágoras é tributario dos sacerdotes exipcios, ou sequera se lles debe algo do todo; estas características só exhiben o que facilmente podería ser desenvolvido por unha mente grega exposta ás influencias ordinarias do seu tempo. Incluso as fontes máis antigas apuntan a resultados similares ó tentar conectar as peculiaridades relixiosas e [[Ascetismo|ascéticas]] de Pitágoras cos [[misterios órficos]] ou de Creta,<ref>Jámblico, 25; Porfirio, 17; Dióxenes Laercio, viii, 3.</ref> ou co [[oráculo de Delfos]]. Porfirio sinala que Pitágoras aprendeu xeometría dos exipcios, pero dado o carácter meramente práctico do cultivo desta ciencia polos [[Matemáticas no Antigo Exipto|matemáticos exipcios]], a influencia directa a partir dos ensinos de Tales e de Anaximandro parece máis probable. Das visitas que realizou a varios lugares en Grecia -Delos, Esparta, Fliunte, Creta, e outros cos que se lle relaciona-, Pitágoras aparece comunmente retratado no seu carácter de relixioso ou de lexislador.
{{Presocráticos}}
{{Control de autoridades}}
 
As razóns polas que elixiu Crotona como centro das súas actividades son fonte de especulación. Segundo Dióxenes, fíxoo para escapar da tiranía de Polícrates, aínda que é máis probable que fose debido ó escaso éxito con que foron acollidas as súas ensinanzas na súa cidade natal, ademais de que se lle esixía que participase dos asuntos públicos e de política. Tamén se menciona a fama desta cidade no cultivo da medicina como posible influencia.
[[Categoría:Presocráticos]]
 
[[Categoría:Matemáticos de Grecia]]
En Crotona, fundou unha escola filosófica e relixiosa que rapidamente cobrou notoriedade e atraeu numerosos seguidores. Pitágoras foi a cabeza desta sociedade dentro dun restrinxido círculo de adeptos coñecidos como ''matematikoi''. Segundo algúns relatos, casou con [[Téano]], de Crotona, e tiveron unha filla, [[Damo (filósofa)|Damo]], e un fillo, [[Telauges]], outros din que foron dúas fillas, Damo e [[Myia]], outros dan noticia de que xa tiña esposa e filla cando chegou a Italia.
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
 
[[Categoría:Personalidades da Grecia antiga]]
A evidencia sobre o lugar e o ano da morte de Pitágoras é incerta. Unhas fontes indican que morreu en [[532 a. C.]],<ref name=pita>{{Cita libro |apelido=Ríos Pedraza |apelido2=Haya Segovia |nome=Francisco |nome2=Fernando |ano=2009 |título=Historia de la Filosofía |url=https://books.google.es/books/about/Historia_de_la_filosof%C3%ADa_2_Bachillerato.html?id=n6SzygAACAAJ&redir_esc=y |dataacceso=15 de maio de 2017 |páxina=5|capítulo=La filosofía antigua |lugar=San Fernando de Henares |editorial=Oxford Univesity Press España, Sociedad Anónima |apelido-editor=Amodeo Escribano |apelido-editor2=Scott Blacud |apelido-editor3=López Vera |apelido-editor4=García Olaya |nome-editor=Marisa |nome-editor2=Elizabeth |nome-editor3=Eduardo |nome-editor4=Silvia|isbn=9788467351477}}</ref> pero realmente, en 508&nbsp;a.&nbsp;C. a Sociedade Pitagórica de Crotona foi violentamente atacada e Pitágoras escapou a [[Metaponto]], lugar onde terminaría os seus días (algúns autores afirman que se deixou morrer de fame). Jámblico refire a seguinte versión dos feitos: ''Cilón, un cidadán nobre de Crotona, líder por nacemento, rico e poderoso, pero tamén violento e tiránico, desexaba ansiosamente participar do modo de vida dos pitagóricos. Achegouse a Pitágoras, para entón un home maior, pero foi rexeitado en virtude dos defectos de carácter antes mencionados. Cilón decidiu tomar vinganza e xurou perseguir aos pitagóricos ata o último home''. Esta é a versión maioritariamente aceptada polos historiadores, pero Jámblico discútea, argüíndo que o ataque de Cilón foi un asunto menor e que Pitágoras regresou a Crotona. Certamente a Sociedade Pitagórica prosperou por moitos anos despois deste acontecemento e propagouse cara a outras cidades italianas.<ref group='nota'>Segundo P. Gorman, isto reforza a idea de que Pitágoras volveu a Crotona, e cita como evidencia a súa lonxevidade, así como o feito de que varias fontes aseguran que ensinou a [[Empédocles]], co que tería que vivir ata despois de 480&nbsp;a.&nbsp;C. (P. Gorman, ''Pythagoras, a life'', 1979).</ref>
 
A súa tumba foi exhibida en Metaponto en tempos de [[Cicerón]].