Río Nervión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
A poucos quilómetros do seu nacemento, forma un impoñente salto de 270 metros, para continuar logo polo [[Monte de Santiago, Salto do Nervión e Val de Délica|val de Délica]] en dirección nordés. Baixa polo chamado val do Nervión ou Alto Nervión ata entrar á [[provincia de Biscaia]], cerca do pobo de [[Orduña]].
 
No concello de [[Basauri]], conflúe co [[Río Ibaizabal|Ibaizabal]], río de caudal e lonxitude semellantes, e xuntos dividen o resto da comarca do [[Gran Bilbao]], cruzando [[Bilbao]] baixo o nome de [[Ría de Bilbao]] (tamén coñecida como ''Ría do Nervión'' ou ''do Ibaizabal''), ata chegar á súa desembocadura no [[Mar Cantábrico]], entre os concellos de [[Portugalete, Biscaia|Portugalete]] e [[Getxo]].
 
Nos seus primeiros tramos, durante as épocas [[verán|estivais]] ao non ser tempada de choivas nin haber [[neve]] sobre as serras, a súa curta e imprecisa canle vese ausente de auga.