Diferenzas entre revisións de «SST Records»

m
plantel>cadro/equipo (via JWB)
m (Arranxos varios + cda)
m (plantel>cadro/equipo (via JWB))
Durante mediados dos anos 80 Hüsker Dü converteuse na estrela de SST. As súas fortes composicións e a súa música cada vez máis melódica foi unha peza clave na conexión entre o [[hardcore punk]] e o desenvolvemento do son do [[college rock]].<ref>Azerrad, p. 159</ref> A gravación e edición constante de discos da banda (que publicou tres álbums entre 1984 e 1985) traducíuse nun aumento dos ingresos do selo que lle permitiu aforrar cartos para pagar novos lanzamentos aos distribuidores.<ref>Azerrad, p. 184</ref> . Porén, a banda sentía que SST non prestaba a suficiente atención aos seus traballos; tras deixar o selo o batería de Hüsker Dü [[Grant Hart]] dixo, "Creo que hai un pouco de reticencia pola súa parte para permitir que algo consiga un pouco máis de atención que Black Flag".<ref>Azerrad, p. 187</ref> En [[1985]] Hüsker Dü quería autoproducir o seu terceiro álbum de estudio, ''[[New Day Rising]]''. Ignorando os desexos do grupo, SST asignou a Spot para que supervisase as sesións. Grant Hart explicou posteriormente: "Non non queda outra elección que traballar con el. SST fíxonos traballas con el".<ref>Azerrad, 2001. p. 185</ref> Consciente da tensión, Spot "tivo que facer o que a discográfica quería". ''New Day Rising'', como resultado, sería unha das últimas gravacións que Spot fixo para o selo,<ref>Azerrad, 2001. p. 186</ref> e a banda asinaría pouco tempo despois con [[Warner Bros. Records]].<ref>Azerrad, 2001. p. 190</ref>
 
O plantelequipo de SST reduciríase aínda máis coa desaparición en [[1985]] de [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]] (como resultado da morte do seu guitarrista [[D. Boon]]) e coa ruptura en [[1986]] de [[Black Flag]]. O selo substituíu a esas bandas asinando con [[Sonic Youth]], [[Dinosaur Jr]] e [[Bad Brains]]. Sonic Youth adoitaba a mencionar a SST en entrevistas e segundo o escritor musical [[Michael Azerrad]], "semellaba estar facendo unha campaña activamente para asinar cos puntais do indie";<ref>Azerrad, p. 261</ref> á súa vez, Sonic Youth foi determinante para que SST asinase con Dinosaur Jr. [[Gerard Cosloy]], dono do anterior selo de Dinosaur Jr, [[Homestead Records]], dixo, "SST era o selo onde todos querían estar... As bandas favoritas de todo o mundo estaban na discográfica; SST era máis divertido e máis interesante e tamén tiña a maquinaria".<ref>Azerrad, p. 358</ref>
 
En [[1986]] Ginn mercoulle [[New Alliance Records]] a [[Mike Watt]], que fundara o selo con [[D. Boon]].<ref>Azerrad, p. 94</ref> Ginn e SST procederon a reeditar con SST algúns dos lanzamentos clave de New Alliance; álbums de [[Descendents]], o ''[[Land Speed Record]]'' de Hüsker Dü, e todos os lanzamentos de Minutemen con ese selo. Unha vez feito convertería a New Alliance nunha etiqueta baseada ao redor de edicións de [[jazz]] pouco convencional, [[música rock|rock]] e palabra falada.