Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
m plantel>cadro/equipo (via JWB)
Liña 37:
Á tempada seguinte, a NBL deu marcha atrás, e dende ese intre, os playoffs de despois da tempada determinarían ao Campión da NBL. Os Royals rematarían outra vez coa mellor marca da liga, con 44-16, pero perderon contra o novo equipo de George Mikan, os [[Minneapolis Lakers]], por 3-1 nas Finais da NBL.
 
Os incontables amigables, ademais dos partidos da tempada, fixeron dano ao equipo polo ano 1948, con varias lesións nas Finais da NBL de 1947 e 1948. O equipo engadiu a Bobby Wanzer para substituír a Cervi, ademais doutros movementos no plantelequipo. Ademais, a forte reputación do equipo fíxoo partícipe da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA).
 
Na tempada 1948-49, os Royals trasladáronse á BAA xunto aos [[Fort Wayne Pistons]], Minneapolis Lakers e Indianapolis Jets. Un ano despois, a BAA fusionouse cos demais equipos da NBL para convertirse na [[National Basketball Association]] (NBA).
Liña 43:
O movemento á BAA fixo que Rochester deixara o seu calendario de amigables, e púxoo na mesma División Oeste na que estaba Minneapolis. Dos dous mellores equipos do baloncesto profesional, tan só un deles podía xogar as Finais da liga. Minneapolis, con Mikan, foi case sempre un pouco mellor nos playoffs que os Royals. Co seu pequeno pavillón e o seu agora limitado calendario, os Royals foron baixando o seu nivel, á vez que Harrison mantivo ao equipo nun nivel alto, que nunca baixou do segundo posto na súa división entre 1945 e 1954. Pasou moito tempo nos anos 1950 buscando un comprador para o equipo, a medida que as débedas aumentaban.
 
Os Royals gañaron o título da NBA na tempada 1950-51 gañando aos [[New York Knicks|New York Knickerbockers]] por 4-3. É o único campionato da NBA da historia da franquía ata hoxe. Pero a vitoria non fixo que a franquía aumentara os seus beneficios. O plantelequipo cambiou por completo en 1955, con tan só Wanzer quedando no equipo, e o equipo pasou a xogar no Rochester Memorial, un pavillón máis grande. Agora cun equipo perdedor cheo de rookies, os Royals seguían sen ter beneficios. Ao mesmo tempo, a NBA metíalle presa a Harrison para vender ou recolocar o equipo nunha cidade máis grande. A tempada 1956-57 foi a última dos Royals en Rochester.
 
A estancia de 12 anos dos Royals en Rochester contou coa presenza de nove futuros membros do [[Basketball Hall of Fame]], un membro do Pro Football Hall of Fame e un membro do Paseo da Fama de Hollywood: [[Al Cervi]], [[Bob Davies]], [[Alex Hannum]], [[Les Harrison]], [[Red Holzman]], [[Arnie Risen]], [[Maurice Stokes]], [[Jack Twyman]], [[Bobby Wanzer]], [[Otto Graham]], e [[Chuck Connors]].
 
=== Cincinnati ===
En abril de 1957, os Royals foron trasladados a [[Cincinnati, Ohio]], polos irmáns Harrison. Este movemento seguiu a un gran recibimento nun partido da tempada regular xogado no Cincinnati Gardens o [[1 de febreiro]] de [[1957]]. O cambio de cidade díxose que foi suxerido por Jack Twyman e Dave Piontek, que foron dous dos moitos xogadores do plantelequipo dos novos Royals nesa rexión. Cincinnati, que tiña unha gran base universitaria de baloncesto, e non tiña franquía da [[NFL]] coa cal competir, foi considerada como a mellor opción polos Harrison. O nome dos Royals continuou en Cincinnati, a miúdo coñecida coma "Queen City".
 
Durante o primeiro [[draft da NBA]] do equipo en Cincinnati, o equipo adquiriu a [[Clyde Lovellette]] e ao base George King. Construíron un equipo con Maurice Stokes e Twyman para producir un futuro candidato ao título na primeira tempada do equipo en Cincinnati. A lesión de Marshall e a perda da estrela [[Si Green]] por ir ao servizo militar levou ao equipo a empatar na segunda praza da División Oeste da NBA durante a segunda parte da tempada 1957-58.