Diferenzas entre revisións de «Pobos eslavos»

m
 
Na relixión, os eslavos tradicionalmente dividíronse en dous grupos principais:
# Aqueles asociados ás Igrexas Ortodoxas Orientais: a maioría dos rusos, ucraínos, belarusos, serbios, búlgaros e macedonios, e algúns cárpato-rutenios (''rusyns'').
# Aqueles asociados á [[Igrexa Católicacatólica]] e Grega: polacos, algúns sorabos, algúns checos, a maioría dos eslovacos, croatas, eslovenos, algúns ucraínos, poucos serbios, poucos macedonios e algúns búlgaros.
 
Algúns [[pobo sorabo|sorabos]] profesan o [[protestantismo]], como tamén algúns eslovacos, e uns poucos checos e eslovenos. A maioría dos ''bosniaks'' (musulmáns bosníacos), ''pomaks'' (musulmáns búlgaros), ''gorani'' (grupo étnico do [[Kosovo]]) e ''torbesh'' (musulmáns macedonios) profesan o [[islamismo]].
 
As divisións relixiosas entre católicos e ortodoxos exacerbáronse polo uso do [[alfabeto cirílico]] polos ortodoxos e católicos gregos e do [[alfabeto latino]] polos católicos romanos.
De calquera forma, a [[lingua serbia]] pode ser escrita en ambos os alfabetos. Hai tamén unha forma escrita latina para o [[lingua belarusa|belaruso]], chamada [[alfabeto Lacinkalacinka]]. A [[lingua bosníaca]] escribiuse no [[alfabeto árabe]] ata o principio do [[século XX]].
 
Con todo, un factor unificador foi o [[antigo eslavo eclesiástico]] (ou ''eslavón'') como lingua litúrxica fosilizada (semellante ó uso que se fixo do latín por parte da [[Igrexa Católica]]).
102.753

edicións